martes, 9 de abril de 2024

Abril: Mes do libro

 

PREME NAS IMAXES PARA VELAS MELLOR











martes, 2 de abril de 2024

Día Internacional do Libro Infantil

 

Como en anos anteriores, hoxe, 2 de abril, conmemoramos o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen, co obxectivo de promocionar 
os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 


Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
 
 
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.

E outras nas aliñas dun gran de area.

Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.

E, de cando en vez, incluso nas dos avións.

Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.

Quizais unha historia fantástica?

Ou prefires unha historia triste? De medo?

Unha para rir ás gargalladas?

E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.

Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado. 


A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.

martes, 19 de marzo de 2024

Encontro con Nando López


O pasado xoves, o escritor Nando Lópezachegouse á nosa biblioteca para conversar co alumnado de terceiro de ESO sobre a súa experiencia de escritor e, en concreto, sobre a súa obra teatral Por qué tiene que ser todo tal difícil. 

Agradecemos ao autor a súa presenza e cordialidade, e a editorial Santillana a oportunidade de ter este encontro.

viernes, 15 de marzo de 2024

Viaxe de voluntariado da biblioteca e clubs de lectura

O alumnado voluntario de Biblioeba e o participante nos clubs de lectura gozou dunha estupenda viaxe Entre outas cousas, asistiron en Madrid ao musical Mamma mía, visitaron o parque temático Puy de fou e realizaron unha ruta literaria pola cidade de Toledo.











martes, 12 de marzo de 2024

Charlas Mes da Muller: María Wonenburger

O pasado 7 de marzo, en dentro do ciclo de charlas do Mes da Muller, o alumnado de 1ºde ESO achegouse á figura da matemática coruñesa, María Wonenburger, grazas ás profesoras Manuela Candal e Marián Montero, as nosas benqueridas compañeiras.


María Wonenburger da nome á nosa biblioteca.




lunes, 11 de marzo de 2024

Lectura e familias con Andrea Maceiras

 O pasado 7 de febreiro, Andrea Maceiras participou nas actividades do programa "Lectura e familias".





As familias participantes leron Que me pare o corazón se te esquezo, e tiveron a oportunidade de falar coa recoñecida autora. 

Grazas a Antía e a todas as familias que fan posible esta interesantísima actividade.

martes, 5 de marzo de 2024

Concurso de esopías

Para celebrar o Día do Numero PI (14 de marzo): 

Un curso máis, Biblioeba convoca o  CONCURSO DE ESOPÍAS para todo o alumnado matriculado en primeiro de ESO.




Ademáis, haberá, coma sempre, un apartado especial de ESOPÍAS ILUSTRADAS:


IMPORTANTE:

Todos os traballos deben ser orixinais e inéditos.

E non vos esquezades de indicar o voso nome e curso. 

PREME NESTE ENLACE PARA VER CONVOCATORIAS ANTERIORES

martes, 27 de febrero de 2024

Charlas de mulleres

 

Un curso máis en Biblioeba para conmemorar o Mes da Muller, programamos unha serie de charlas de e sobre mulleres.

Todas elas destacan en actividades que tradicionalmente son asociadas a homes.

Comezamos xa nos últimos días de febreiro, e continuamos durante todo marzo. 

Estade atentos!!!






Unha cita a cegas

 Para celebrar o 14 de febreiro, Día dos Namorados, Biblioeba propón... 

UNHA CITA A CEGAS.


Ven á biblioeba e atrévete a probar sorte!




martes, 6 de febrero de 2024

Primeira reunión de Lectura e familias

O 1 de febreiro comezamos as actividades do programa de "Lectura e familias" coa entrega do libro que compartiremos.



Foi unha tarde moi agradable na que nos reencontramos con algunhas familias e chegaron outras novas.