miércoles, 28 de noviembre de 2007

Revistas DECEMBRO

A nosa BIBLIOEBA conta cunha ampliada oferta de revistas mensuais que pretende achegar a actualidade á nosa comunidade educativa. A continuación vos indicamos o campo informativo coa publicación escollida e un breve resumo do seu contido:

INFORMÁTICA:
“PERSONAL COMPUTER”
Curso Windows Vista
Messenger

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA:
“QUO”
A arte de comer para ser feliz
“MUY INTERESANTE”
Qué podes facer ti contra o Cambio Climático
“MUY INTERESANTE JUNIOR”
Xogos e pequenas curiosidades.

HISTORIA:
“HISTORIA” NATIONAL GEOGRAPHIC
O ouro oculto dos faraóns
Atenas, a forxa dun imperio
Palmira, o reino do deserto
Federico II: desafío imperial ao papa
Setembro do 1714: asalto a Barcelona
Evanxelios Apócrifos, outra visión da vida de Cristo

NATUREZA:
“NATIONAL GEOGRAFIC”
Dinosaurios insólitos
A medida do tempo nas distintas culturas
Belén, ano 2007-11-27
Albatros, creados para voar
Paisaxes xeados
“QUERCUS”
Voitres, aperta a fame
Lobos esteparios
Náiades de Valencia e Castellón
Marte, ¿atisbos de vida?

Achégate ás nosas Biblio-Revistas e envíanos un comentario co teu parecer, segundo as vosas opinións manteremos estas seccións ou plantexaremos o seu cambio ou ampliación.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

QUEREMOS UN NOME PARA A BIBLIOTECA

Estamos realizando unha campaña para darlle nome á nosa BIBLIOTECA e precisamos da túa axuda, mándamos un comentario a esta entrada indicando aquel que che parecería máis axeitado e, a ser posible, algunha razón da túa elección.
Dado que o centro leva un nome masculino pensamos na posibilidade de poñerlle un nome feminino.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

El paso del estrecho


Unha aventura máis próxima poderás atopala neste libro. O relato ten como elementos o estreito de Xibraltar, un rapaz árabe cunha misteriosa misión, un temible asasino e un xoven contrabandista que garda un inesperado misterio.

La ciudad de las bestias


Se aínda non tes suficientes emocións, poderás acompañar a Alexander Cold, un rapaz americano de quince anos que parte ó Amazonas coa súa avoa Kate, unha periodista especializada en viaxes. A expedición internarase na selva en busca dunha extraña bestia xigantesca.

A volta ó mundo en 80 días


Phileas Fogg, un gentleman inglés, acompañado de Passepartout, o seu fiel criado francés, e seguido polo asenté de policía Fix, defróntase coa aposta de dar a volta arredor da terra nun prazo de oitenta días. ¿ Por que non segues a Fogg nesta gran aventura?

Paralelo Cero


Cando Albert se despide da súa moza Astrid, recibe como regalo unha rara figura tallada de malaquita.
Tras a desaparición de astrid, en tráxicas circunstancias, ese obxecto convertirase no motivo que arrastrará a Albert ó longo dunha cadea de estremecedores misterios no corazón das selvas do Congo.

Arnoia, Arnoia


Nmódadah é un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia. Vese preso e exiliado polos invasores da súa terra. Si te atreves con este libro comezarás unha chea de aventuras: o encontro do xigante Hannak, as fragas sa selva de Brocelandia, as minas dos Grau...

O hobbit


Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila. A inesperada visita do mago Gandalf trocará a súa vida. ¿Queres acompañalo na súa longa viaxe para para recuperar un tesouro roubado opor un dragón e esquecido durante moito tempo?

O principiño


Deste mesmo autor podes atopar na biblioteca unha verdadeira obra mestra “O Principiño”. Non vos contamos nada, queremos que a descubras por ti mesmo.

Voo de noite


¿Prefires voar? A paixón de voar e a paixón pola escritura marcaron a vida de Antoine de Saint-Exupéry. Foi piloto profesional. Todos os seus libros están inspirados, dun xeito ou doutro, na visión do mundo e dos homes que dá o risco e a altura. Voo de Noite nace dunha experiencia persoal. ¿Queres compartila con el?

La historia interminable


Se aínda non te sintes tentado a emprender unha das nosas aventuras, propoñemoste que salves o reino da fantasía con Bastian e Atreyu. Pon os cinco sentidos neste clásico da literatura de tódolos tempos.

La narración de A. Gordon Pym


Pero si prefieres un ritmo aínda máis vertiginoso , no que non hai momento de respiro entre tempestades, naufragios, fame, canibalismo, podes atreverte con este outro título, onde Edgar Allan Poe reflicte un mundo cheo de avatares e nos sorprende cun misterioso final.

A illa do tesouro


¿Queres misturarte cunha grea de bucaneiros e perseguir un fabuloso tesouro? Pode ser apaixoante acompañar o protagonista deste libro, un mociño inglés do século XVIII. Está esperándote na biblioteca. Non lle fagas esperar moito. Está a piques de zarpar.

Alicia en el país de las maravillas


¿ Queres coñecer un dos libros máis sorprendentes e atractivos da literatura universal? Elixe “Alicia en el país de las Maravillas”. Neste libro Lewis Carroll recrea un mundo gobernado polas leis dunha lóxica moi particular e poblado de personaxes chocantes que fascinaron por igual a nenos e adultos de todo o mundo. ¿Por qué non te unes a eles?

O paxaro do mel


¿Queres trasladarte a África con Mario? Vivirás unha perigosa aventura con tres rapaces que intentan liberar ós seus das mans do temible míster Angus Harris que pretende escravizalos. Emprenderás unha difícil persecución de caravana, atravesarás a selva prohibida, e seguirás a estela do paxaro de mel. ¡ATREVETE!

As vacacións máxicas de John Liberty


Premio Merlín
1994
¿Queres trasladarte con un famoso cantante de Rock á milenaria Cuzco?
Encontrarás uns miseriosos personaxes que che farán sabedor da vida dos pobos andinos e da selva amazónica. As ansias e esperanzas dos protagonistas destas narracións prenden no corazón do solitario rockeiro ¿ Prenderán tamén no teu?

A expedición do Pacífico


¿Queres trasladarte ó século XIX e vivir nunca aventura no Pacífico?. Emilia, a protagonista deste libro poderá axudarte a descubrir países exóticos e os segredos da navegación mariña. Neste libro tamén se plantea a polémica entre darwinismo e creacionismo. Resulta interesante ver ámbalas dúas posturas.

martes, 13 de noviembre de 2007

O Picnic


Neste libro atoparás nada menos que tres relatos diferentes. Agarrate a esta oferta 3x 1. Nestas páxinas atoparás os extraordinarios anais da familia Durrell onde todo o que pode saír mal, sae mal. Iso si, con moito sentido do humor. Unha das historias ocurre nun castelo francés onde hai “algo” que repta detrás dos espellos e que acelera o pulso dos lectores máis atrevidos.