miércoles, 19 de mayo de 2010

CHARLA-COLOQUIO CON PAULA CARBALLEIRA



O vindeiro día 31 de maio de 2010 visítanos a escritora PAULA CARBALLEIRA, incluída na programación do E.N.D.L. do centro no apartado de charlas-coloquio con escritores, ao igual có escritor Ramón Lourenzo González, que estivo connosco o 28 de abril pasado
PAULA CARBALLEIRA naceu o 7 de setembro de 1972 en Fene.  Pertence á compañía de teatro Berrobambán, e vai contando contos polo mundo polo que, grazas á antiga arte de contar historias ten participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e leve publicado vario libros.
Na cadea SER todos os mércores nos conta un conto en tres minutos, recuperando así o mellor da tradición oral para ofrecerlle ao oínte contos de sabedoría popular.

 















MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.galegos.info/es/paula-carballeira-cabana

miércoles, 12 de mayo de 2010

CÁNDIDO PAZÓ GONZÁLEZ. GUIONISTA (Pincha para ver vídeo)


O vindeiro 20 de maio visita o noso centro o guionista Cándido Pazó (Vigo 1960) para facernos pasar un rato agradable coas súas historias.

Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005).
Premios e recoñecementos: Diversos premios como autor teatral.
Formación específica: Acudiu a cursos e seminarios, destacando a asistencia ás clases de Philippe Gaulier en París.

TEATRO:"SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO"

O 20 e o 21 de maio o alumnado de 3º e 4º de ESO asistirán á representación da obra de teatro "Sempre quixen bailar un tango", (premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2008)representada polo grupo TEATRO GALILEO. Interpretado por Fernando Morán, Isabel Blanco, Ana Santos e López Baños "Tanas"

Sinopse argumental: esta é unha traxicomedia deliciosa que non deixa indiferente a ninguén e que reflexiona sobre cousas que deixamos sen aprender ao longo da nosa existencia. Unha viaxe emocional que se serve do humor para cavilar sobre as cousas valiosas da vida; todo elo levado a cabo por uns actores e actrices que nos farán rir, chora, emocionarnos, ... pasar un rato agradable.

lunes, 3 de mayo de 2010

3 DE MAIO DÍA MUNDIAL DA LIBARDADE DE PRENSA

Mapa do ranking daliberdade de prensa no planeta. REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS 2008






En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas a iniciativa dos países membros da Unesco, proclama o 3 de maio como Día Mundial da Liberdade de Prensa, coa idea de "fomentar a liberdade de prensa no mundo ao recoñecer que unha prensa libre, pluralista e independente é un compoñente esencial de toda sociedade democrática".

PARA SAER MÁIS:
http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Mundial_da_Liberdade_de_Prensa