martes, 18 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL

NA BIBLIOTECA DO CENTRO  TEMOS UNHA ESCOLMA DE LIBROS  AXEITADOS A VOSA IDADE PARA QUE  NO NADAL PASEDES  UN TEMPO MOI AGRADABLE.

SEN EMBARGO  RECOMÉNDASE UNS POUCOS POR SE EXISTE ALGUNHA DUBIDA:

A PARTIR DE 12 ANOS


- HURLEY, Tonya; Canción de navidad , Ed. Afaguara.



- KINNEY, Jeff; Diario de Greg 6. Atrapados en la nieve, Ed. Molino.



- GALLEGO, Laura; Donde los árboles cantan, Ed. SM.



- DICKENS, Charles; Cuentos de lo sobrenatural,  Ed. Anaya.



- COLLIN Meloy/CARSON Ellis; Las crónicas de Wilwood, Ed. Alfaguara.



- FRISA, María; 75 consejos para sobrevivir en el colegio, Ed. Alfagura.



- THOMSON, Jamie; Dark Lord. Días de instituto, Ed. Anaya. 


- A.A.V.V.; Pequena mitoloxía de Galicia, Ed. Xerais. 


-SIERRA I FABRA/ GARCÍA TEIJEIRO; Contos

e poemas para un mes calquera, Ed. Planeta-Oxford 


- MANUEL RIVAS, Bala perdida Alfaguara.


- ENCARNA OTERO; Un branco país sen neve

Ed. Galxia
 

A PARTIR DE 14 ANOS
    
- CALUDEL, Philppe; A neta do señor Linh, Ed. Rinoceronte.


- BLUE JEANS; Buenos días, princesa, Ed. Planeta
 

- NÉMIROVSKI, Irène; El baile, Ed. Salamandra.

- DAI SIJIE; Balzac y la joven costurera china, Ed.  Salamandra.
- HOCKING, Amanda; Latido, Ed. Destino.
- RIVAS, Manuel/ PRADO, Miguel Anxo;  Contos de Nadal, Ed. Xerais.
- SIERRA I FABRA, Jordi; Nun lugar chamado Guerra, Ed. Galaxia.
 - BRADBURY, Ray; Farenheit 451, Ed. Xerais.
- RIVAS, Manuel; As voces baixas, Ed. Xerais.
- SCHMITT, Eric- Emmanuel; O señor Ibrahim e as flores do  Corán, Ed. Narrativa K.

CINE 


- EDUARDO MANOSTIJERAS, de Tim Burton.

- A GRAN FAMILIA, de Fernando Palacios.
- PESADILLA ANTES DE NAVIDAD, de Tim Burton

- CUENTO DE NAVIDAD por Robert Zemeckis


lunes, 10 de diciembre de 2012

10 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.

O 10 de decembro da cada ano conmemórase o DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS,   unha declaración que a ONU traduciu a moitos idiomas falados por deiferentes comunidades.

jueves, 29 de noviembre de 2012

CABALLERO BONALD. PREMIO CERVANTES 2012


El poeta, novelista y ensayista español (Jerez de la Frontera, Cádiz, 1926) José Manuel Caballero Bonald ha obtenido el Premio Cervantes de las Letras 2012.
ALGUNOS POEMAS QUE NOS OFRECE AMEDIAVOZ.COM DE JOSÉ MANUEL CABALLERO BONALD.    




miércoles, 21 de noviembre de 2012

25 DE NOVEMBRO DE 2012 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro de cada ano  celébrase o día contra a violencia de xénero. Na biblioteca hai unha  mostra de libros relacionados co tema.
 


  O 20 de dicembro  de 1993, a Asamblea Xeral aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller (A/RES/48/104 Documento PDF en inglés). 




DIARIO DE ANA FRANK

¿Habéis leído el Diario de Ana Frank?

Uxía sí lo hizo.

Leed lo que escribió Uxía imaginando que Ana encuentra una hoja de papel en su campo de concentración y le escribe una carta a Kitty.



lunes, 5 de noviembre de 2012

6 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL PARA A PREVENCIÓN E A EXPLOTACIÓN DO MEDIO AMBIENTE NA GUERRA E OS CONFLITOS ARMADOS

O 5 de novembro de 2001, a Asamblea  Xeral das Nacións Unidas  declarou  o 6 de novembro como Día Internacional para  a prevención da explotación do medio ambiente na guerra  e os conflitos armados.  Ver   resolución 56/4 Documento PDF.
     Nos conflitos bélicos a terra e todos os seres vivos  perdemos.  

martes, 30 de octubre de 2012

5º Concurso de Relatos Ciencia que Conta

O grupo Divulgatia de docentes do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo convocou por quinto ano consecutivo este concurso de relatos científicos.

 

Poderá participar todo o alumnado de Educación Primaria e Secundaria e o público xeral.
Consultade as bases e animádevos a participar.

lunes, 22 de octubre de 2012

Cuento de Navidad, de Charles Dickens

Los alumnos de 1º y 2º de E.S.O. y sus profes comenzamos el curso leyendo, en la asignatura de Lengua Castellana, Cuento de Navidad, de Charles Dickens. Queremos, así, rendir nuestro pequeño homenaje a su autor en el año en que se celebra el segundo centenario de su nacimiento.


Además, la actividad se incluye en la campaña de promoción de la lectura de los clásicos juveniles que durante este curso hacemos desde la biblioteca.

Os invitamos a que dejéis, en un comentario, vuestra opinión sobre la obra.

jueves, 18 de octubre de 2012

CLÁSICOS XUVENÍS: 161º ANIVERSARIO DE MOBY DICK

Entre os clásicos da literatura xuvenil, ocupa un lugar destacado MOBY DICK, a novela de HERMAN MELLVILLE.

Hai hoxe 161 anos que se publicou a historia da gran balea branca, que tamén foi levada ao cine.

Herman Mellville (1819-1981)

jueves, 11 de octubre de 2012

MO YAN, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2012



O  PREMIO NOBEL DE LITERATURA NESTE ANO 2012 FOI OUTORGADO AO ESCRITOR CHINO  MO YANque naceu  na provincia de Shandong, nunha familia de labregos. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha  fábrica de petróleo. Alistouse no Exército Popular de Liberación   aos vinte anos  e empezou a escribir sendo soldado. Nos seus escritos manifesta unha visión máxica e realista de China. "SORGO ROJO" é unha das súas obras máis coñecidas.

miércoles, 18 de julio de 2012

18 DE XULLO, ANIVERSARIO DE NELSON MANDELA.


HOXE, DÍA 18 DE XULLO NELSON MANDELA CUMPRE 94 ANOS.  GRANDE DEFENSOR DA LIBERDADE, DA PAZ,  DA XUSTIZA, DA CONCORDIA,... 
A SÚA VIDA FOI UNHA LOITA PERMANENTE EN DEFENSA DO SER HUMANO

sábado, 30 de junio de 2012

PARQUE MARÍA WONENBURGER PLANELLS EN OLEIROS, MONTROVE.

O concello de Oleiros inaugura  en Montrove o "PARQUE MARÍA WONENBURGER PLANELLS" en honor á ilustre  matemática. 


sábado, 23 de junio de 2012

LETRAS GALEGAS 2013 HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

A REAL ACADEMIA GALEGA  DA LINGUA DEDÍCALLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 AO ESCRITOR ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

 RobertoVidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.  "É A ALMA DO TEATRO GALEGO, A LONGA SOMBRA   DO SOMBREIRO" (periódico la opinión, Coruña).

jueves, 21 de junio de 2012

S.O.L. SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA.

O Servizo de Orientación de Lectura (SOL) é un  recomendador de libros dirixido ao mundo infantil, xuvenil  e  adulto. Unha oferta diversa con novidades cada 15 días.
Desde amesma páxina pódese aceder a diferentes recurso como por exemplo: Proxecto de lectura para centros escolares (Primaria. Secundaria. Bachillerato.)



viernes, 8 de junio de 2012

8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

A EXISTENCIA DOS SERES VIVOS  DEPENDE DA AUGA, DOS OCÉANOS, POLO TANTO DEBEMOS CONSERVALOS E PROTEXELOS XA QUE DESTE XEITO ESTAMOS A PROTEXER A VIDA DA TERRA.
 Por cuarto ano, este 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, creado por acordo da Asemblea Xeral de Nacións Unidas do 5 de decembro de 2008. O lema deste ano é: "XUVENTUDE,A NOVA ETAPA PARA O CAMBIO", un cambio certamente imprescindible e urxente. polo que novos e maiores deberemos traballar arreo, dende as costas galegas ata o Pacífico, para conseguir que o noso lixo deixe de afogar a biodiversidade mariña. UN PROXECTO COMÚN, DE TOD@S.
MIDWAY : trailer : a film by Chris Jordan from Midway on Vimeo.



jueves, 7 de junio de 2012

PHILIP ROTH PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS


O premio Príncipe de Asturias das Letras é  este ano para o  escritor estadounidense Philip Roth,  un dos escritores máis importantes da literatura americana. 
Philip Milton Roth (Newark, Nueva Jersey, 19 de marzo de 1933) é un escritor estadounidense de origxe xudía, coñecido sobre todo polas súas   novelas, inda que tamén escribiu contos e ensaios. Entre as súas obras máis destacadas están: a colección de contos de 1959 Goodbye, Columbus, a novela O mal de Portnoy (1969), e a súa s  "triloxía americana", publicada nos anos 1990, composta polas novelas Pastoral americana (1997), ganadora do Pulitzer, Casei con un comunista (1998), e A mancha humana (2000), Némesis (2011), etc

MORRE RAY BRADBURY.



Ray Douglas Bradbury naceu o 22 de Agosto de 1920 en Waukegan (llinois), morreu o 5 de xuño de 2012, á  idade de 91 anos tras unha longa enfermidade.    Era o terceiro fillo de Leonard Spaulding Bradbury e  Esther Marie Moberg Bradbury. No ano 1931 empezou escribindo as súas propias historias. 
Un autor moi cinematográfico, tal  e como recorda RTV, que emitiu varias películas basadas nos seus relatos.
Bradbury recibiu a Medalla Nacional de 2000 da Fundación do Libro pola súa contribución ás Letras Estadounidenses, a Medalla Nacional das Artes 2004 e no  2007 o Premio Especial de citas Pulitzer. Escritor  de ciencia ficción, coñecido ante todo polas súas novelas e coleccións de relatos, entre as que destacan: 
CRÓNICAS MARCIANAS (1950), novela sobre a colonización  e a conquista de Marte, é a máis famosa das súas obras,
 FAHRENHEIT 451 (1953), ambientada en nunha sociedade futura onde a palabra escrita está prohibida,  
 O VIÑODO ESTÍO (1957), etc.