sábado, 30 de junio de 2012

PARQUE MARÍA WONENBURGER PLANELLS EN OLEIROS, MONTROVE.

O concello de Oleiros inaugura  en Montrove o "PARQUE MARÍA WONENBURGER PLANELLS" en honor á ilustre  matemática. 


sábado, 23 de junio de 2012

LETRAS GALEGAS 2013 HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

A REAL ACADEMIA GALEGA  DA LINGUA DEDÍCALLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 AO ESCRITOR ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

 RobertoVidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.  "É A ALMA DO TEATRO GALEGO, A LONGA SOMBRA   DO SOMBREIRO" (periódico la opinión, Coruña).

jueves, 21 de junio de 2012

S.O.L. SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA.

O Servizo de Orientación de Lectura (SOL) é un  recomendador de libros dirixido ao mundo infantil, xuvenil  e  adulto. Unha oferta diversa con novidades cada 15 días.
Desde amesma páxina pódese aceder a diferentes recurso como por exemplo: Proxecto de lectura para centros escolares (Primaria. Secundaria. Bachillerato.)



viernes, 8 de junio de 2012

8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

A EXISTENCIA DOS SERES VIVOS  DEPENDE DA AUGA, DOS OCÉANOS, POLO TANTO DEBEMOS CONSERVALOS E PROTEXELOS XA QUE DESTE XEITO ESTAMOS A PROTEXER A VIDA DA TERRA.
 Por cuarto ano, este 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, creado por acordo da Asemblea Xeral de Nacións Unidas do 5 de decembro de 2008. O lema deste ano é: "XUVENTUDE,A NOVA ETAPA PARA O CAMBIO", un cambio certamente imprescindible e urxente. polo que novos e maiores deberemos traballar arreo, dende as costas galegas ata o Pacífico, para conseguir que o noso lixo deixe de afogar a biodiversidade mariña. UN PROXECTO COMÚN, DE TOD@S.
MIDWAY : trailer : a film by Chris Jordan from Midway on Vimeo.



jueves, 7 de junio de 2012

PHILIP ROTH PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS


O premio Príncipe de Asturias das Letras é  este ano para o  escritor estadounidense Philip Roth,  un dos escritores máis importantes da literatura americana. 
Philip Milton Roth (Newark, Nueva Jersey, 19 de marzo de 1933) é un escritor estadounidense de origxe xudía, coñecido sobre todo polas súas   novelas, inda que tamén escribiu contos e ensaios. Entre as súas obras máis destacadas están: a colección de contos de 1959 Goodbye, Columbus, a novela O mal de Portnoy (1969), e a súa s  "triloxía americana", publicada nos anos 1990, composta polas novelas Pastoral americana (1997), ganadora do Pulitzer, Casei con un comunista (1998), e A mancha humana (2000), Némesis (2011), etc

MORRE RAY BRADBURY.



Ray Douglas Bradbury naceu o 22 de Agosto de 1920 en Waukegan (llinois), morreu o 5 de xuño de 2012, á  idade de 91 anos tras unha longa enfermidade.    Era o terceiro fillo de Leonard Spaulding Bradbury e  Esther Marie Moberg Bradbury. No ano 1931 empezou escribindo as súas propias historias. 
Un autor moi cinematográfico, tal  e como recorda RTV, que emitiu varias películas basadas nos seus relatos.
Bradbury recibiu a Medalla Nacional de 2000 da Fundación do Libro pola súa contribución ás Letras Estadounidenses, a Medalla Nacional das Artes 2004 e no  2007 o Premio Especial de citas Pulitzer. Escritor  de ciencia ficción, coñecido ante todo polas súas novelas e coleccións de relatos, entre as que destacan: 
CRÓNICAS MARCIANAS (1950), novela sobre a colonización  e a conquista de Marte, é a máis famosa das súas obras,
 FAHRENHEIT 451 (1953), ambientada en nunha sociedade futura onde a palabra escrita está prohibida,  
 O VIÑODO ESTÍO (1957), etc.

martes, 5 de junio de 2012

A CASA DA MORTE.

Aarón Barreira gaña o IX premio de narrativa Luisa Villalta.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.


O Día Mundial do Medio Ambiente estableceuno a  Asamblea Xeral de Nacións Unidas, na Resolución (XXVII) do 15 de decembro de 1972 coa que se deu inicio  á Conferencia de Estocolmo, Suecia, na que o tema principal foi o Ambiente. Celébrase o 5 de xuño dende 1973.
A Asamblea Xeral da ONU tamén aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).