Páginas

lunes, 28 de octubre de 2013

POLO SAMAÍN, TERROR, LECTURAS DE TERROR!!!.

samainemptydeemptymisterio
SE GOSTAS DA LECTURA DE MISTERIO,
 NA BIBLIOTECA TES ONDE ELIXIR.


martes, 22 de octubre de 2013

I CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOEBA

A Biblioteca María Wonenburger  do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

CONVOCA O:

I CONCURSO DE RELATO CURTO

BASES

  • Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Eduardo Blanco Amor no curso 2013/2014. Cada concursante poderá presentar ata dous relatos.
  • O tema será libre e poderá estar escrito en calquera das linguas impartidas no IES.
  • A extensión máxima do relato será aproximadamente de 400 palabras.
  • Os traballos, nos que deben figurar o nome do autor e o curso e grupo ao que pertence, poderán ser presentados por correo electrónico no enderezo biblioeba@gmail.com (indicando no asunto “concurso de relatos”) ou, en papel, na propia biblioteca.
  • A data límite de entrega será o 10 de marzo de 2014.
    Haberá dúas modalidades con tres premios para cada unha:
      1º e 2º ESO
      3º e 4º ESO
  • O xurado estará formado polo Equipo da Biblioteca.
  • Premios:
    1º clasificado: diploma, memoria USB e lote de libros.
    2º clasificado: diploma e lote de libros.
    3º clasificado: diploma e lote de libros.
  • Coincidindo co Día do Libro (23 de abril) seleccionarase entre todos os relatos premiados un gañador absoluto do I Concurso de Relato Curto Biblioeba, que recibirá un premio especial.

jueves, 10 de octubre de 2013

CONCURSO DE RELATOS "CIENCIA QUE CONTA"

Convocada a 6º edición do concurso de relato "CIENCIA QUE CONTA". Animádevos a participar.

martes, 8 de octubre de 2013

PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013


 
               O ESCRITOR E POETA CORUÑÉS, MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, GAÑA O PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013 COA OBRA:
 "OS ÁNGULOS DA BRASA".
O premio   concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficias de Estado e editada en 2012.