viernes, 22 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

«Millóns de mulleres e nenas de todo o mundo son agredidas, golpeadas, violadas, mutiladas e incluso asasinadas no que constitúen atroces violacións dos seus dereitos humáns.»
O Secretario Xeral, Ban Ki-moon.
Por qué este Día internacional?

 Debido a que:

  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos  humáns
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto polas leis como  pola práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas   áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA a a paz e  a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.









miércoles, 20 de noviembre de 2013

ELENA PONIATOWSKA PREMIO CERVANTES 2013

Elena Poniatowska Amor naceu en París o 19 de maio de 1932. A súa familia emigrou de Francia a México por mor  da segunda guerra mundial cando só tiña 9 anos. É unha escritora, activista e periodista de esquerdas máis influintes de México. 
A súa obra literaria foi distinguida con numerosos premios, entre eles o Premio Cervantes 2013 polo seu periodismo e a súa narrativa. 
Para organizar, difundir e preservar o arquivo histórico da escritora  e da súa familia creouse a Fundación Elena Poniatowska Amor A.C.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Un curso cheo de contos

Ao longo deste curso, levaremos a cabo na biblioteca unha campaña para incentivar a lectura e a escritura de contos.
Xa temos feita para vós unha selección de libros de relatos.

jueves, 14 de noviembre de 2013

CONSUMO RESPONSABLE

 CAMPAÑA A PROL DO CONSUMO RESPONSABLE
O actual sistema económico, que prima o beneficio económico, sobre os dereitos das persoas, sexan traballadoras ou consumidoras, así como do medio ambiente, está a provocar un crecente esgotamento dos recursos naturais, despoboamento rural, explotación laboral e desemprego,  dificultades para imprementar servizos de benestar social e inestabilidade política.