lunes, 29 de octubre de 2018

Xa chega o Samaín

Non les, seica tes medo?








Temos na biblioteca unha selección de libros para pasar esta ponte na que celebramos o Día de Defuntos.

martes, 23 de octubre de 2018

M.J.PÉREZ


      Onte puidemos gozar coa presenza de MJ Pérez. Poderiamos dicir que MJ é unha muller do Renacemento, xa que esta artista toca tódalas facetas relacionadas coa súa arte: cantante, compositora, música, produtora, realizadora...
   Ademais de disfrutar  coa súa actuación, MJ Pérez  pode servir como referente ao noso alumando interesado na comunicación, produción de vídeos, música...
   Grazas pola túa presenza, MJ Pérez!

lunes, 8 de octubre de 2018

Benvidos á nosa biblioteca

Comezamos un novo curso, e dende a biblioteca María Wonenburger, do IES EBA, queremos darvos a benvida.

Como cada ano, precisamos dun grupo de alumnos  que colaboren nos recreos. Nesta ocasión,  esta tarefa será desenvolvida por o alumnado de 3º e 4º de ESO. Os intersados poden anotarse na  biblioteca.                                                                                                                                                       

Neste curso, ademais, haberá algunhas novidades: 
  • A biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo.
  • Teremos, no intituto, un clube de lectura, coordinado pola profesora Raquel Parada, no que participaremos activamente.