Páginas

jueves, 24 de febrero de 2022

Entroido no IESEBA

Para comprobar o talento artístico do noso alumnado, basta con botar unha ollada á impresionante exposición de máscaras na entrada principal do instituto.
Aquí tendes unha mostra:







Parabéns a todo o alumnado participante 
e ao Departamento de Plástica pola iniciativa!!!





miércoles, 23 de febrero de 2022

Andrea Maceiras no IESEBA

O pasado luns, 21 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no IES á escritora Andrea Maceiras.

Se queres saber algo sobre ela, preme neste ENLACE

O alumnado de 1ºESO gozou da súa charla.


O alumnado de primeiro de ESO participou activamente na charla sobre a novela A folla azul, Premio Merlín de Literatura Infantil 2020.

"A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia".

FONTE DA RECENSIÓN: https://www-xerais-gal







A Directora entrega un agasallo á escritora

Andrea Maceiras coa Directora e dúas profesoras de Galego.

MOITAS GRAZAS, ANDREA!

jueves, 17 de febrero de 2022

miércoles, 16 de febrero de 2022

Exposición Manga

 Estes son os traballos que podedes  ver expostos na porta de Biblioeba.









Parabéns polo magnífico traballo!


lunes, 7 de febrero de 2022

Postais de San Valentín

Lembrade que  o próximo luns, 14 é o Día de San Valentín e que Biblioeba e os departamentos de Plástica e de linguas convocan un concurso de postais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN AMPLIADO : Luns, 14 de febreiro.

CONSULTA AS BASES NESTE ENLACE.

Traballo presentado o curso pasado en italiano.