lunes, 9 de diciembre de 2013

10 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.



O 10 de decembro conmemórase o VIXÉSIMO ANIVERSARIO DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.  Esta carta está composta por 30 artículos nos que se especifican os dereitos que ten  todo ser humano. Están redactos en case todos os IDIOMAS DO PLANETA.




Onte, día 9 de decembro de 2013 o Secretario Xeral da ONU,
Ban Ki-moon,  mandou unha mensaxe ao mundo para  conmemorar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A CORRUPCIÓN, que non debemos deixar de lembrar porque, en  España, vivimos unha situación complicada debido en gran parte á corrupción que prolifera por distintos lugares. 

miércoles, 4 de diciembre de 2013

"EL AÑO GRIMM. UN CURSO DE CUENTOS"

 Los Hermanos Grimm es el nombre usado para referirse a los escritores Jacob Grimm (4 de eneiro de 1785, Hanau (Hesse, Alemania) - Berlín, 20 de septiembre de 1863) y Wilhelm Grimm (24 de febrero de 1786, Hanau - 16 de diciembre de 1859, Berlín). Fueron dos hermanos alemanes célebres por sus cuentos para niños.  

Aquí tienes para leer   LOS CUENTOS DE LOS HERMANOS GRIMM. 
 (Fuente: http://es.wikipedia.org/wiki/Hermanos_Grimm).



lunes, 2 de diciembre de 2013

BIOGRAFÍAS NA BIBLIOEBA

NA BIBLIOTECA, BIOGRAFÍAS PARA COÑECER AOS INVENTORES, ESCRITORES, ETC, QUE FORON DETERMINANTES PARA O PROGRESO DA HUMANIDADE, INDA QUE ALGÚNS DESCUBRIMENTOS NACERON COA IDEA DE BENEFICIAR  AO SER HUMANO, TERMINARON SENDO UN PERIGO POLO MAL USO FEITO DEL.


viernes, 22 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

«Millóns de mulleres e nenas de todo o mundo son agredidas, golpeadas, violadas, mutiladas e incluso asasinadas no que constitúen atroces violacións dos seus dereitos humáns.»
O Secretario Xeral, Ban Ki-moon.
Por qué este Día internacional?

 Debido a que:

  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos  humáns
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto polas leis como  pola práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas   áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA a a paz e  a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.









miércoles, 20 de noviembre de 2013

ELENA PONIATOWSKA PREMIO CERVANTES 2013

Elena Poniatowska Amor naceu en París o 19 de maio de 1932. A súa familia emigrou de Francia a México por mor  da segunda guerra mundial cando só tiña 9 anos. É unha escritora, activista e periodista de esquerdas máis influintes de México. 
A súa obra literaria foi distinguida con numerosos premios, entre eles o Premio Cervantes 2013 polo seu periodismo e a súa narrativa. 
Para organizar, difundir e preservar o arquivo histórico da escritora  e da súa familia creouse a Fundación Elena Poniatowska Amor A.C.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Un curso cheo de contos

Ao longo deste curso, levaremos a cabo na biblioteca unha campaña para incentivar a lectura e a escritura de contos.
Xa temos feita para vós unha selección de libros de relatos.

jueves, 14 de noviembre de 2013

CONSUMO RESPONSABLE

 CAMPAÑA A PROL DO CONSUMO RESPONSABLE
O actual sistema económico, que prima o beneficio económico, sobre os dereitos das persoas, sexan traballadoras ou consumidoras, así como do medio ambiente, está a provocar un crecente esgotamento dos recursos naturais, despoboamento rural, explotación laboral e desemprego,  dificultades para imprementar servizos de benestar social e inestabilidade política.

lunes, 28 de octubre de 2013

POLO SAMAÍN, TERROR, LECTURAS DE TERROR!!!.

samainemptydeemptymisterio
SE GOSTAS DA LECTURA DE MISTERIO,
 NA BIBLIOTECA TES ONDE ELIXIR.


martes, 22 de octubre de 2013

I CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOEBA

A Biblioteca María Wonenburger  do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

CONVOCA O:

I CONCURSO DE RELATO CURTO

BASES

  • Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Eduardo Blanco Amor no curso 2013/2014. Cada concursante poderá presentar ata dous relatos.
  • O tema será libre e poderá estar escrito en calquera das linguas impartidas no IES.
  • A extensión máxima do relato será aproximadamente de 400 palabras.
  • Os traballos, nos que deben figurar o nome do autor e o curso e grupo ao que pertence, poderán ser presentados por correo electrónico no enderezo biblioeba@gmail.com (indicando no asunto “concurso de relatos”) ou, en papel, na propia biblioteca.
  • A data límite de entrega será o 10 de marzo de 2014.
    Haberá dúas modalidades con tres premios para cada unha:
      1º e 2º ESO
      3º e 4º ESO
  • O xurado estará formado polo Equipo da Biblioteca.
  • Premios:
    1º clasificado: diploma, memoria USB e lote de libros.
    2º clasificado: diploma e lote de libros.
    3º clasificado: diploma e lote de libros.
  • Coincidindo co Día do Libro (23 de abril) seleccionarase entre todos os relatos premiados un gañador absoluto do I Concurso de Relato Curto Biblioeba, que recibirá un premio especial.

jueves, 10 de octubre de 2013

CONCURSO DE RELATOS "CIENCIA QUE CONTA"

Convocada a 6º edición do concurso de relato "CIENCIA QUE CONTA". Animádevos a participar.

martes, 8 de octubre de 2013

PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013


 
               O ESCRITOR E POETA CORUÑÉS, MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, GAÑA O PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013 COA OBRA:
 "OS ÁNGULOS DA BRASA".
O premio   concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficias de Estado e editada en 2012. 



lunes, 30 de septiembre de 2013

ÁLVARO MUTIS

Falece o novelista e poeta Colombiano, premio Cervantes 2001 ÁLVARO MUTIS  JARAMILLO. Naceu en Bogotá o 25 de agosto de 1923  e morreu en  Ciudade de México o 22 de septembro de 2013).   Considérase un dos escritores hispanoamericanos contemporáneos máis importantes.




    SEÑAL


Van a cerrar el parque.
En los estanques
nacen de pronto amplias cavernas
en donde un tenue palpitar de hojas
denuncia los árboles en sombra.
Una sangre débil de consistencia,
una savia rosácea,
se ha vertido sin descanso
en ciertos rincones del bosque,
sobre ciertos bancos.
Van a cerrar el parque
y la infancia de días impasibles y asoleados,
se perderá para siempre en la irrescatable tiniebla.
He alzado un brazo para impedirlo;
ahora, más tarde, cuando ya nada puede hacerse.
Intento llamar y una gasa funeral
me ahoga todo sentido
no dejando otra vida
que ésta de cada día
usada y ajena
a la tensa vigilia de otros años.

martes, 24 de septiembre de 2013

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 2013-14

DÁMOSVOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR E DESEXÁMOSVOS QUE CONSIGADES OS MELLORES RESULTADOS ACADÉMICOS POSIBLES.
 NA BIBLIOTECA REALIZARANSE DIVERSAS ACTIVIDADES AO LONGO DO ANO. SEREDES INFORMADOS PUNTUALMENTE DE CADA UNHA DELAS.


martes, 25 de junio de 2013

LETRAS GALEGAS 2014

A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDIU HOMENAXEAR O 17 DE MAIO DE 2014 AO POETA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914-1990) é autor de NIMBOS(1961)considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

sábado, 15 de junio de 2013

O PORTAL DAS PALABRAS


A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA E  FUNDACIÓN 

BARRIÉ CREARON O PORTAL DAS PALABRAS.

Este novo espazo dixita, ten como obxectivo contribuír ao  coñecemento e difusión dos  recursos léxicos creados pola Academia entre a comunidade escolar.
"TODAS AS LINGUAS SON 
PATRIMONIO DA HUMANIDADE".

jueves, 6 de junio de 2013

ESCOLMA DE ESOPÍAS PRESENTADAS AO II CONCURSO

Esopías con e sen  ilustracións realizadas por diferentes alumnas e alumnos  presentadas ao II concurso convocado no centro.

miércoles, 5 de junio de 2013

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente, que comezou a celebrarse no ano 1972. Este ano ten como lema:

"PENSA, ALIMENTA E AFORRA"

 

viernes, 24 de mayo de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO DE CIENTÍFICAS DO SÉCULO XIX


Esta é a relación do alumnado que gañou o concurso de MULLERES CIENTÍFICAS DO SÉCULO XX.
Parabéns.

1ºB
Alvaro Añón Dosil
Ainhoa Guerra Vázquez
Antón Gómez López
David Tuñas Martínez

1º F
Alba Cabrera San Millán
Lucía A. García Crivaro

2º G
Raquel Fariña Agra

4º D
Víctor López Iglesias

Dto Matemáticas IES Eduardo Blanco Amor
Maio 2013

jueves, 23 de mayo de 2013

MUJERES ESCRITORAS: GABRIELA MISTRAL

Gabriela Mistral nació en el siglo XIX, pocos años después de la muerte de Rosalía de Castro.
Cris investigó sobre ella:

jueves, 16 de mayo de 2013

MULLERES DO SÉCULO XIX.

Para conmemorar o Día do Libro e o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, propoñémosvos pequenos traballos de investigación sobre mulleres do século XIX.
Traballos de Cris, Ainhoa e Sarai:

miércoles, 15 de mayo de 2013

MULLERES FRANCESAS DO SÉCULO XIX

TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE FRANCÉS DO CENTRO DEDICADO ÁS MULLERES  FRANCESAS DO SÉCULO XIX.





MULLERES COMPOSITORAS DO SÉCULO XIX

Brais e Sara investigaron sobre compositoras:



MULLERES DO SÉCULO XX. LA BELLA OTERO

Para conmemorar o Día do Libro e o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, propoñémosvos pequenos traballos de investigación sobre mulleres do século XIX. Este é o traballo de Gonzalo:

domingo, 12 de mayo de 2013

jueves, 2 de mayo de 2013

MULLERES DO SÉCULO XIX. CONCURSO SOBRE MULLERES CIÉNTÍFICAS.

 

Biblioeba e o Departamento de Matemáticas convocan un concurso sobre 

MULLERES CIENTÍFICAS DO SÉCULO XIX.


Cada día , ata o 12 de maio, formularase aquí unha pregunta á que se lle atopará resposta consultando tanto nos carteis situados na planta baixa do I.E.S. como na páxina web do centro, no Departamento de Matemáticas.
As respostas entregaránse cada día oa profesor de Matemáticas nunha plantilla que facilitará o mesmo profesor.
Entre os acertantes das doce preguntas sortearanse regalos “científico-matemáticos”.


PREGUNTAS
  1. En que Universidade estudou  e se graduou Charlotte Scott e se lle prohibíu asistir á súa ceremonia de graduación?     
  2. Esta muller sorrinte, matemática, xudea e que vivíu na época de Hitler  é ...............Sería profesora en Götingen.A esta universidade trasladárase anteriormente  Grace Chilsom Young para colaborar con Klein no estudio da Teoría de grupos.
  3.  Di a lenda que Weierstrass regalou a ...............o teorema de Cauchy- Kovalevskaya: é o prezo que tivo que pagar esta fermosa e matemática muller. Sen embargo, ese profesor foi o seu máis fervente defensor ao comprobar a súa grande capacidade para resolver problemas de forma orixinal e fermosa. Esta muller tivo que casar para poder saír de Rusia e estudar en Berlín.
  4. O ensino da xeometría de forma manipulativa débese en gran parte a .... ............., quen nos seus Libros a Bimbo, defende o ensino da xeometría espacial aos alumnos na escola primaria de xeito manipulativo e centrándose no estudo dos cinco sólidos platónicos, que son:...............................................................
  5. A publicación Xeometría Cartesiana: Análise de Conicas é de ............
  6. Foi invitada por Klein y Hilbert para colaborar con Einstein  na súa teoría sobre a relatividade, traballou sen soldo durante catro anos na Univerdidade. Trátase de .............
  7. Unha matemática rusa, doctorada en Berlín e profesora sen soldo en Estocolmo é ..................................................... Os seus alumnos facían unha colecta para pagarlle as clases; por fin, en 1889, conseguíu un soldo de pleno dereito na facultade.
  8. A primeira facultade de Estados Unidos que ofreceu estudos gratuítos para mulleres tivo como profesora a Charlottr Scott. Onde estaba esta facultade?
  9. A estructura do Anel Commutativo, que adquire un conxunto con dúas operacións internas que cumplen as propiedades asociativa, commutaitiva elemento neutro e elemento simétrico, foi estudada en profundidade por ........................................ e incluso creou unha estructura nova: Aneis Noetherianos.
  10. Naceu en 1815 en Inglaterra. O seu pai chamábaa "a princesa dos paralelogramos". De quen se trata?
  11. Ada Byron foi tutelada por ..............................................quen lle ensinou as matemáticas e a puxo en contacto con Charles Babba, que proxectaba a máquina de cálculo: máquina Analítica.
  12. A primeira muller de Einstein era matemática, foi a súa profesora, e din que era a máis rápida en resolver os problemas matemáticos. Isto contibuíu a que el formulase a súa Teoría da Relatividade, que en ocasións denominaba "a nosa teoría". Trátase de ..................... Sen embargo, o Premio Nobel llo deron polas súas explicacións sobre o efecto fotoeléctrico.




jueves, 25 de abril de 2013

MULLERES DO SÉCULO XIX

Neste trimestre, para conmemorar o Día do Libro e o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, propoñémosvos pequenos traballos de investigación sobre mulleres do século XIX.

  
Iria e María investigaron sobre CONCEPCIÓN ARENAL:

martes, 23 de abril de 2013

Diario de Ana Frank

No Día do Libro, queremos compartir con vós un traballo dunha alumna de 3º B sobre o libro Diario de Ana Fran:

DÍA DO LIBRO


        








     
 
No día do LIBRO,     CABALLERO BONALD
recibe o PREMIO CERVANTES 2012.
Versos de:  
 "Casa junto al mar" (Caballero Bonald)

Azulada por el nocturno oleaje,
entre el ocio lunar y la arena indolente,
la casa está viviendo, decorada de cenizas votivas,
hecha clamor de memorables días dichosos
o palabra más bien, que ahora escribo en la sombra,
apoyando mi sueño en sus muros de solícitos brazos.
... 

martes, 9 de abril de 2013

POR JOSÉ LUÍS SAMPEDRO

 

Falece JOSÉ LUÍS SAMPEDRO aos 96 anos de idade. un escritor, humanista e economista español que defendeu unha  economía «más humana, más solidaria, capaz de contribuir a desarrollar la dignidad de los pueblos». 



viernes, 5 de abril de 2013

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O pasado mércores, levamos a cabo na Biblioteca unha fermosa actividade en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística.
Os regueifeiros Luís o Carunho e Pinto de Herbón impartiron ao alumnado de terceiro de E.S.O. un obradoiro de regueifas.


Descubrimos que sinxelo e divertido é compoñer unha copla tradicional.
Podedes compartir con todos nós a vosas composicións nos comentarios a esta entrada.


(Agora tamén podedes seguir as actividades de Biblioeba en Twitter. Séguenos)

jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA


No DÍA MUNDIAL DA POESÍA, unha "poética" un pouco diferente:  

CONTRA-ORDEN. (POÉTICA
por la que me pronuncio ciertos días.)

Esto es un poema.
Aquí está permitido
fijar carteles,
tirar escombros, hacer aguas
y escribir frases como:
Marica el que lo lea,
Amo a Irma,
Muera el…
(silencio),
Arena gratis,
Asesinos,
etcétera.
Esto es un poema.
Mantén sucia la estrofa.
Escupe dentro.
Responsable la tarde que no acaba,
el tedio de este día,
la indeformable estolidez del tiempo.

miércoles, 6 de marzo de 2013

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

NO DÍA INTERNACIONAL 
DA MULLER TRABALLADORA QUEREMOS RECORDAR A
ROSALÍA DE CASTRO, DEFENSORA DOS DEREITOS DA MULLER.
(…)

Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Solo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.

Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árboles en el desierto y el pirata en el mar. Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, soberbio como Luzbel y dulce como un esperanza.

Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o quieren marcar mi frente con una mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más grande que su inquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne.

(…)

ROSALÍA DE CASTRO.´ Fuente: Revista” Festa da palabra silenciada”. Actualizar a Rosalía. Galicia, 2010.


                                        MIÑA SANTIÑA



(...)
Costureiriña
comprimenteira,
sacha na campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxiños secos
entre o pinar.
Así meniña
traballadora
os punteados
deprende ora.
(...)

miércoles, 27 de febrero de 2013

CONCURSO DE ESOPÍAS 2013

O PRAZO DE ENTREGA DE ESOPÍAS REMATA O 23 DE MARZO.
Anímate e participa no II concurso de ESOPÍAS do IESEBA.

martes, 5 de febrero de 2013

POEMAS DE AMOR E DESAMOR.

 Xa que pronto celebraremos o DÍA DOS NAMORADOS, aquí tedes unha escolma de poemas   cos  que podedes agasallar á persoa que amades.


</ div>

martes, 15 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. 30 DE XANEIRO DE 2013.



empty
O DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ (acrónimo DENIP) ,  xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e que se celebra  o  30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi. (wikipedia)



PASA POLA BIBLIOTECA E VERÁS UNHA RECOMENDACIÓN DE  LIBROS CON MOTIVO DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.