lunes, 25 de abril de 2022

RENOVANDO A BIBLIOTECA

Como xa vos teredes dado de conta, este curso estamos a renovar a distribución dos espazos da nosa biblioteca.

Así vai quedanado: 

                    




Pretendemos aproveitar ao máximo a luz natural e facer deste espazo un lugar aínda máis agradable para a lectura o traballo e os encontros literarios e culturais.



Aínda queda moito por facer!



sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO EN BIBLIOEBA


Coincidindo coa celebración do Día do libro, aquí tendes as novidades que podedes atopar na nosa biblioteca.



miércoles, 20 de abril de 2022

PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA

Entrega de premios da segunda edición do Concurso de Poesía organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literaura coa colaboración de Biblioeba:

PREME NA IMAXE PARA LER OS POEMAS

Os traballos premiados foron:

  • "La soledad", de Alejandra López Tapias (3º ESO)
  • "Quedábamos juntos por las calles", de Andrea Ramos Casal (1º bacharelato)
Obtiveron accésits:
  • "El mar lejano", de Merlinda Montero (2º ESO)
  • "Perdido por las calles de la capital" (1º bacharelato)
Os primeiros premios foron entregados pola Directora e os accésits por dúas representantes da AMPA, ás que agradecemos a súa colaboración.




lunes, 4 de abril de 2022

Lo fingido verdadero, de Lope de Vega


Para completar esta semana repleta de teatro, un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato acudiu o pasado venres á representación da obra de Lope de Vega, Lo fingido verdadero, a cargo da CNTC, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Fotografía de Sergio Parra.
Fonte da imaxe:
 http://teatroclasico.mcu.es/2021/06/09/lo-fingido-verdadero/


Para acceder ao programa da obra, preme na imaxe.

A obra, considerada por algunha parte da crítica como o Hamlet de Lope, utiliza á figura do Ginés -actor, mártir e patrón das xentes do teatro- para reivinicar a enorme capacidade da dramaturxia para mostrar outra perspectiva da realidade.


Grazas a Raquel pola estupenda organización e ao alumnado pola magnífica acollida.




jueves, 31 de marzo de 2022

Alma de tigre, de Elefante elegante


Esta semana o alumnado de terceiro e cuarto de ESO e primeiro de bacharelato asistiu á representación de Alma de tigre, da compañía Elefante elegante.

Alma de tigre é un espectáculo que transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo.


Ao finalizar a representación, actores e director charlaron co público sobre o significado desta ensoñación revelada a partir da historia de tres irmáns.

Alumnado de cuarto de ESO no coloquio posterior á representación



miércoles, 30 de marzo de 2022

Solidariedade con Ucraína

Como sabedes, unha liña de identidade do noso IES é a soliedariedade. Nestes terribles tempos de guerra, grazas pola vosa colaboración coas xentes de Ucraína.




lunes, 28 de marzo de 2022

domingo, 27 de marzo de 2022

Día Mundial do Teatro

Coincidindo co Día Mundial do Teatro, propoñemos a lectura de dous textos de José Luis Alonso de Santos:



Para alumnado de 1º e 2º de ESO:

Besos para la Bella durmiente.

Unha curiosa e divertida versión do conto tradicional.



Para lectores a partir de 3º de ESO:

La estanquera de Vallecas

Un atraco a un estanco provoca situacións de gran comicidade cun fondo tráxico.



martes, 22 de marzo de 2022

Hamnet, de Maggie O´Farrell

A pasada semana o profesorado do club de lectura falou de Hamnet, a xa famosísima novela da escritora irlandesa Maggie O´Farrell.


A novela, inspirada libremente na vida da familia de Shakespeare, trata temas tan universalmente humanos como  as relacións familiares, o amor ou a perda dos seres queridos.

Cun delicadísimo e lírico estilo, O´Farrell narra as peripecias vitais destas personaxes que non nos deixan indiferentes.

Unha lectura moi recomendable.













lunes, 21 de marzo de 2022

Día da poesía



Hoxe, Día Mundial da Poesía, confirmamos a triste vixencia destes versos de Miguel Hernández, que non precisan comentario.


Tristes guerras


si no es amor la empresa.

Tristes. Tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.

Tristes. Tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.

Tristes. Tristes.


Porque a poesía sexa "un arma cargada de futuro".