lunes, 21 de marzo de 2011

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE. 22 DE MARZO DÍA DA AUGA

No día da árbore, e cada día, respectar e coidar a natureza.



 O Concello de Culleredo celebra o día mundial da árbore.

Pincha neste enlace: http://www.culleredo.es/es/node/3372





O obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 (DMA 2011) é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incerteza causada polo cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
O tema de este ano, AUGA PARA AS CIDADES: respondendo ao desafío urbano, ten por obxecto poñer de releve e alentar aos gobernos, as organizacións, comunidades y persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión del auga urbana.
MÁIS INFORMACIÓN:

lunes, 14 de marzo de 2011

ENTROIDO NO IES BLANCO AMOR

O venres, día 11 de marzo, celebramos o Entroido no centro cun desfile-concurso de disfraces.

 




viernes, 4 de marzo de 2011

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Unha mostra de libros na nosa biblioteca  relacionados coas mulleres. Descobre nestes libros un universo de mulleres.




VAMOS A CONTAR MENTIRAS.
PINCHA NESTE ENLACE:  http://www.elmundo.es/especiales/2002/03/sociedad/mujer_trabajadora/

miércoles, 2 de marzo de 2011

MARZO. MULLER TRABALLADORA E IGUALDADE

Para o mes de marzo as lecturas que recomendamos no apartado de xuvenil son as seguintes:








As recomencacións para adultos son estoutras:



viernes, 25 de febrero de 2011

CHARLA-COLOQUIO CON BREOGÁN RIVEIRO

O venres (25-02-2011) os nenos e nenas de 1º  de ESO estiveron acompañados  do escritor, co que mantiveron unha charla-coloquio
relacionada co seu libro "TONECHO DE REBORDECHAO", do que asinou algúns exemplares.




Breogán Riveiro Vazquez, Montevideo, 1967. Cursou estudios de Náutica e Inxeñería. Traballa no sector audiovisual desde 1988. Autor da TV movie “Voltar á casa”; desenvolveu dúas comedias de situación para televisión (“Casa Cuartel” e “Don Tomás”).



jueves, 17 de febrero de 2011

CHARLA-COLOQUIO CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O venres (18-02-2011) visitounos o escritor 
 MANUEL NÚÑEZ SINGALA,
que mantivo unha charlará
co alumnado de 2º de ESO.
A charla centrouse na  obra de teatro,
‘O achado do castro’, gañadora do Premio Xiria de Creación Teatral.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ESCRITOR EN:

jueves, 10 de febrero de 2011

CHARLA-COLOQUIO CON ROSA ANEIROS

O martes (8-02-2011) tivemos un encontro coa escritora  Rosa Aneiros. O alumnado que tivo o previlexio de asistir  a charla-coloquio foi o de 4º de ESO. Diferentes alumnas e alumnos formuláronlle distintas preguntas que ela contestou  mantendo o interese e a atención de tod@s. Ao final do acto asinou varios libros.
  

domingo, 30 de enero de 2011

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

UNHA LEMBRANZA PARA O DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS
O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome:“un tratado intergubernamental que sirve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humedais e os seus recursos” nos 160 países que o asinaron ata a actualidade. Dende 1997, cada 2 de febreiro a Convención commemora o
Día Mundial dos Humedais.

 MÁIS INFORMACIÓN EN :

http://www.ambientum.com/calendario/humedales.htm

  CORRUBEDO ESPAZO NATURAL PROTEXIDO

viernes, 21 de enero de 2011

MOSTRA DE LIBROS NA BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA DA PAZ

O VINDEIRO 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL  DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
 O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (School Day of Non-violence and Peace)   celébrase todos os anos neste dia de xanero. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. 
Tamén se conmemora  a morte do líder nacional e espiritual da India,  Mahatma Gandhi, que foi  asasinado a tiros  o 30 de xanero de 1948,   por un fanático hinduísta.
RECOMENDAMOS ALGUNHAS LECTURAS INCLUÍDAS NA MOSTRA:
 

 


PARA SEBER MÁIS:
http://www.un.org/spanish/conferences/dias/paz/
https://www.edu.xunta.es/valora/?q=taxonomy/term/49