Xuño xa está aquí e hai que pensar en todo o que imos ler en verán.....
Dende Biblioeba facémosvos algunhas recomendacións!
Blog da biblioteca do IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo - A Coruña)
Xuño xa está aquí e hai que pensar en todo o que imos ler en verán.....
Dende Biblioeba facémosvos algunhas recomendacións!
" A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto, foi o derradeiro libro comentado polo Club de lectura de 3º da ESO nas súas reunións dos xoves.
Xa pensando no Club de lectura de 4º do vindeiro curso!
Xa podedes ver no expositor algunhas das novidades do mes de maio.
Algunhas delas están incluídas dentro do Poxecto Inclusión Educativa
Podes consultar todas as novas adquisicións en Biblioeba
Dentro do programa de Aprendizaxe e Servizo do IES EBA e das Lecturas compartidas desenvoltas durante a hora de reforzo en Biblioeba, o alumnado de 1º de ESO A e C realizou, o 19 de maio, unha representación teatral para os usuarios do Centro de Día do concello de Culleredo.
Logo da representación o alumnos e maiores puideron charlar obre comocambiaron os tempos en cuestións de festas, moz@s e vestimenta.
Foi unha experiencia moi enriquecedora!Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 5º e 6º de educación infantil do CEIP Ría do Burgo, e un grupo de alumnado voluntario de cuarto de ESO realizaron o xa tradicional Apadriñamento Lector.
Foron dúas xornadas de música, baile, manualidades e lectura nas que contamos ademáis coa actuación dun grupo de alumnado de varios cursos e dúas profesoras.
O alumnado pertencente ao Club de Lectura, Club de Arte e voluntario de Biblioeba , disfrutou duns días de viaxe cultural e convivencia ,visitando Mérida e Granada e asistindo a un musical en Madrid.
Todos volvemos algo cansos pero entusiasmados coa experiencia
En Biblioeba celebramos durante abril e maio o Mes do Libro con un mpntón de actividades.
Aquí tendes o calendario!
Biblieba colabora co departamento de matemáticas na organización dun Torneo de Xadrez. Se queres participar só tes que anotarte nas folla de inscrición do taboleiro da túa aula.
Neste segundo trimestre, o alumnado do Club de lectura de 3º da ESO, acompañados pola profesora Yolanda Mosquera, está a ler "Non cantan paxaros neste bosque", de Carlos Negro