Mostrando entradas con la etiqueta APADRIÑAMENTO LECTOR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta APADRIÑAMENTO LECTOR. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2025

Apadriñamento lector

Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 5º e 6º de educación infantil do CEIP Ría do Burgo, e un grupo de alumnado voluntario de cuarto de ESO realizaron o xa tradicional Apadriñamento Lector.

Foron dúas xornadas de música, baile, manualidades e lectura nas que contamos ademáis coa actuación dun grupo de alumnado de varios cursos e dúas profesoras.

Moitas grazas !




viernes, 10 de mayo de 2024

Apadriñamento lector

 

Dentro das actividades do Mes do Libro, este curso retomamos o Apadriñamento lector, unha actividade inerxeracional na que o alumnado de 4º ESO e primeiro de bacharelato acolle ao alumnado  de Infantil do CEIP Ría do Burgo.

Comezaron cun contacontos sobre Luísa Villalta,  a continuación decoraron violíns e, para rematar, visitaron a exposición de libros preparado pola Biblioteca Municipal do Fórum e participaron dos espazos de arte e xogos de Biblioeba.






jueves, 4 de mayo de 2023

Apadriñamento lector

A semana pasada tivemos tres xornadas de apadriñamento lector co alumnado de Educación

Infantil de CEIP Ría do Burgo. Os nosos alumnos contaron aos pequenos o conto de María Victoria Moreno, O vagalume e o luceiro.

Despois, por parellas de apadrinamento, crearon un vagalume e leron libros infantís proporcionados pola Biblioteca do Fórum.

O alumnado de infantil puido tamén observar o ciclo dos vermes de seda e as plantas carnívoras nun recuncho preparado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.





Foi unha experiencia extraordinaria. 

Graciñas e parabéns a todos os participantes!