Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS NATURAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS NATURAIS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de abril de 2012

22 DE ABRIL DÍA DA TERRA

A Madre Terra é unha  expresión común usada para referirse ao planeta Terra en varios países. Esto demostra a interdependencia existente entre os seres humanos, as demais especies vivas e o planeta que   habitamos. Por exemplo, en Bolivia chámanlle «Pacha Mama» e en Nicaragua   referíanse a ela como «Tonantzin». Debemos coidar  a PACHA MAMA,  pos é a que nos dá o alimento diario.





viernes, 1 de abril de 2011

MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA CUMPRE 90 ANOS

A Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) adscrito á área de Ciencias Agrarias, cumpre 90 anos dende a súa creación. Está situada na provincia de Pontevedra. Ocúpase dos principais cultivos de esta zona, abarcando diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos, mellora  xenética e resistencia de diferentes plantas.
MÁIS INFORMACIÓN:
            http://www.mbg.csic.es/esp/index.php

lunes, 21 de marzo de 2011

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE. 22 DE MARZO DÍA DA AUGA

No día da árbore, e cada día, respectar e coidar a natureza.



 O Concello de Culleredo celebra o día mundial da árbore.

Pincha neste enlace: http://www.culleredo.es/es/node/3372





O obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 (DMA 2011) é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incerteza causada polo cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
O tema de este ano, AUGA PARA AS CIDADES: respondendo ao desafío urbano, ten por obxecto poñer de releve e alentar aos gobernos, as organizacións, comunidades y persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión del auga urbana.
MÁIS INFORMACIÓN:

domingo, 30 de enero de 2011

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

UNHA LEMBRANZA PARA O DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS
O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome:“un tratado intergubernamental que sirve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humedais e os seus recursos” nos 160 países que o asinaron ata a actualidade. Dende 1997, cada 2 de febreiro a Convención commemora o
Día Mundial dos Humedais.

 MÁIS INFORMACIÓN EN :

http://www.ambientum.com/calendario/humedales.htm

  CORRUBEDO ESPAZO NATURAL PROTEXIDO

sábado, 13 de marzo de 2010

PARA A TERRA: TRES DÍAS DE MARZO (21, 22 23)

21 DE MARZO DÍA FORESTAL MUNDIAL

En 1971 os estados membros da FAO , aceptaron a celebración do Día Forestal Mundial o día 21 de marzo, primeiro día de outono no hemisferio sur e primeiro día de primavera no hemisferio norte, para poder imprimirlle un carácter simultáneo en todo o mundo.

22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidade coas recomendacións da Conferencia da Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos de Auga Doce) da Axenda 21.

23 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

Este día celébrase para conmemorar a firma, en 1950, do convenio de creación da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), como organismo de Nacións Unidas para asegurar a cooperación internacional en materia meteorolóxica.

FUNDACIÓN-BIODIVERSIDAD