Unha lembranza agarimosa para JOSÉ ANTONIO LABORDETA, (Subías, Zaragoza, 10-03-1935,morre 19-09-2010. Cantautor, escritor, político e diputado no Congreso pola Chunta Aragonesista (7ª e 8ª lexislaturas). Íntegro, honrado, solidadario. Loitou pola dignidade, pola liberdade do ser humano, tal e como reflicten nas súas composicións, na súa "obra"; querido e respectado, en fin, UN HOME BO. Que o seu espírito estea sempre presente.
jueves, 23 de septiembre de 2010
LER PARA DESCUBRIR. JOSÉ ANTONIO LABORDETA
Unha lembranza agarimosa para JOSÉ ANTONIO LABORDETA, (Subías, Zaragoza, 10-03-1935,morre 19-09-2010. Cantautor, escritor, político e diputado no Congreso pola Chunta Aragonesista (7ª e 8ª lexislaturas). Íntegro, honrado, solidadario. Loitou pola dignidade, pola liberdade do ser humano, tal e como reflicten nas súas composicións, na súa "obra"; querido e respectado, en fin, UN HOME BO. Que o seu espírito estea sempre presente.
lunes, 16 de agosto de 2010
ENTREVISTA A XOSÉ NEIRA VILAS. CRÓNICA DE GALICIA RNE EN GALICIA.
O escritor Xosé Neira Vilas responde ás preguntas de Xosé Manuel García na "entrevista do domingo"(8-8-2010) de RNE-G.O autor de "Memorias dun neno labrego" fala da súa última obra,"Presenza galega en Cuba", que presentou estes días na Feira do Libro de A Coruña.
Refírese,ademais,ó decreto do galego no ensino. Neira Vilas pón o acento en que os nenos de infantil "deben empezar por aprender galego" porque "é o idioma do seu país"(08/08/10).
PARA ESCOITAR ESTA ENTREVISTA PINCHA NO SEGUINTE ENLACE:
http://media2.rtve.es/resources/TE_S13HO01/mp3/9/5/1281347581259.mp3
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA
martes, 27 de julio de 2010
LER PARA ANIMAR A PENSAR. JAVIER DARÍO RESTREPO

"EL PERIODISMO QUE SOBREVIVIRÁ SERÁ EL QUE HAGA PENSAR A LA GENTE"
Defiende la importancia de la ética profesional frente a las nuevas tecnologías.
Al maestro de periodistas Javier Darío Restrepo (Jericó, Colombia, 1932) no se le nubla la vista con las nuevas tecnologías. Este profesor de la Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano, que ofreció una charla en la Asociación de la Prensa de Madrid aprovechando su presencia en España invitado por la Federación de Asociaciones de Periodistas (FAPE), cree que la ÉTICA ES UNO DE LOS DESFÍOS MÁS IMPORTANTES PARA LOS PERIODISTAS.
(Para leer todo el artículo ir a: http://www.publico.es/televisionygente/329728/periodismo/sobrevivira/haga/pensar/gente
(Diario PÚBLICO 27.07.2010)
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA
jueves, 1 de julio de 2010
LETRAS GALEGAS 2011 DEDICADO A LOIS PEREIRO

O 17 de maio de 2011, día no que se homenaxea aos que escriben en galega estará dedicado a LOIS PEREIRO, decisión que tomou a RAG o 26 de xuño de 2010.-
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
Poesía última de Amor e Enfermidade
Luz e sombras de amor resucitado (1995): VII.
(Tantos anos que non me observaba
unha pel distinta á miña, ou que non fose xa
parte dos meus ollos, explorada, coñecida
ou compartida...)
Vendo eses dous ollos latexantes
cal visión dunha imaxe entresoñada
no seu peito en perfecta simetría
cun interno tremor que me fascina
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre
protexido da morte
coa súa vida
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as vértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura. (Xuño, 95)
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONSULTA ESTA LUGAR:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
viernes, 4 de junio de 2010
5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O 5 de xuño de caa ano celébrase o DÍA MUNDIAL DO MENDIO AMBIEMTE. De cada ser humano depende que a natureza nos siga protexendo. Cada un de nós debe aportar algo. Todos vivimos na terra e temos que respectala, pois se contaminamos o lugar no que vivimos seremos vítimas de nós mesmos (seremos tan tontos?).
Unha nación que destrúe a súa terra, destrúese a si mesma. Franklin D. Roosevelt (1882-1945)
O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Naciones Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ao respecto.
http://www.youtube.com/watch?v=g4DxS8LPO1M
Unha nación que destrúe a súa terra, destrúese a si mesma. Franklin D. Roosevelt (1882-1945)
O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Naciones Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ao respecto.
http://www.youtube.com/watch?v=g4DxS8LPO1M
martes, 1 de junio de 2010
25 ANIVERSARIO DA CASA DAS CIENCIAS DE A CORUÑA
O 1 de xuño cúmprense 25 anos da CASA DAS CIENCIAS DE A CORUÑA.
Foi o primeiro museo interactivo de titulariedade pública de España. Para máis información visita a súa páxina web.

Boceto de Felipe Peña, arquitecto e autor do proxecto de remodelación do Palacete de Santa Margarita, para convertirlo na Casa de las Ciencias
Foi o primeiro museo interactivo de titulariedade pública de España. Para máis información visita a súa páxina web.

Boceto de Felipe Peña, arquitecto e autor do proxecto de remodelación do Palacete de Santa Margarita, para convertirlo na Casa de las Ciencias
miércoles, 19 de mayo de 2010
CHARLA-COLOQUIO CON PAULA CARBALLEIRA

O vindeiro día 31 de maio de 2010 visítanos a escritora PAULA CARBALLEIRA, incluída na programación do E.N.D.L. do centro no apartado de charlas-coloquio con escritores, ao igual có escritor Ramón Lourenzo González, que estivo connosco o 28 de abril pasado
PAULA CARBALLEIRA naceu o 7 de setembro de 1972 en Fene. Pertence á compañía de teatro Berrobambán, e vai contando contos polo mundo polo que, grazas á antiga arte de contar historias ten participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e leve publicado vario libros.
Na cadea SER todos os mércores nos conta un conto en tres minutos, recuperando así o mellor da tradición oral para ofrecerlle ao oínte contos de sabedoría popular.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.galegos.info/es/paula-carballeira-cabana
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA
miércoles, 12 de mayo de 2010
CÁNDIDO PAZÓ GONZÁLEZ. GUIONISTA (Pincha para ver vídeo)
O vindeiro 20 de maio visita o noso centro o guionista Cándido Pazó (Vigo 1960) para facernos pasar un rato agradable coas súas historias.
Comeza a súa actividade en 1975 como actor de teatro, traballando nas Mostras de Rivadavia. Actúa con compañías teatrais de Vigo até 1983, despois con outras compañías de Galicia e co CDG. En 1989 debuta como director coa obra “El mirlo blanco”. Desde entón é asíduo da escena galega, participando en varios foros sobre teatro, e impartiu seminarios e cursos de interpretación. Desde finais dos 90 participa como guionista en series de ficción para a TVG. É presidente da AADTEG (2005).
Premios e recoñecementos: Diversos premios como autor teatral.
Formación específica: Acudiu a cursos e seminarios, destacando a asistencia ás clases de Philippe Gaulier en París.
Etiquetas:
BIBLIOEBA,
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
TEATRO:"SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO"
O 20 e o 21 de maio o alumnado de 3º e 4º de ESO asistirán á representación da obra de teatro "Sempre quixen bailar un tango", (premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2008)representada polo grupo TEATRO GALILEO. Interpretado por Fernando Morán, Isabel Blanco, Ana Santos e López Baños "Tanas" Sinopse argumental: esta é unha traxicomedia deliciosa que non deixa indiferente a ninguén e que reflexiona sobre cousas que deixamos sen aprender ao longo da nosa existencia. Unha viaxe emocional que se serve do humor para cavilar sobre as cousas valiosas da vida; todo elo levado a cabo por uns actores e actrices que nos farán rir, chora, emocionarnos, ... pasar un rato agradable.
Etiquetas:
BIBLIOEBA,
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
lunes, 3 de mayo de 2010
3 DE MAIO DÍA MUNDIAL DA LIBARDADE DE PRENSA
Mapa do ranking daliberdade de prensa no planeta. REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS 2008En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas a iniciativa dos países membros da Unesco, proclama o 3 de maio como Día Mundial da Liberdade de Prensa, coa idea de "fomentar a liberdade de prensa no mundo ao recoñecer que unha prensa libre, pluralista e independente é un compoñente esencial de toda sociedade democrática".
PARA SAER MÁIS:
http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Mundial_da_Liberdade_de_Prensa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)