miércoles, 25 de marzo de 2026

Clubs de lectura do 2º trimestre

  

            Os clubs de lectura neste segundo trimeste estiveron cargados de lecturas moi interesantes....

            1º da ESO: Diferente de Eloy Moreno.

            2º da ESO: Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne.

            3º  da ESO: A ladroa da biblioteca de Meirás  de Eva Mejuto.

            4º da ESO: As horas roubadas de María Solar.

            No Club de lectura en inglés leron :

            Three Men in a boat en 2º da ESO 

            The curious incident of   the dog in the night time  en 4º da ESO










         

viernes, 6 de marzo de 2026

Lectura e Familias

 

           Onte pola tarde tivemos un novo encontro do Club de Lectura e Familias.

         Tocou falar da Galicia medieval, de Irmandiño, de guerras e de que os tempos non

          cambiaron tanto.

         Desexando que chegue abril para visitar os escenarios da novela gráfica!



       

miércoles, 4 de marzo de 2026

Formación en encadernación



O equipo de Dinamización de Biblioeba asistiu a unha formación en encadernación.

Foi unha tarde moi produtiva na que, ademáis de aprender estratexias para arranxar libros

 danados, fixemos o noso propio caderno de notas.