A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o II Concurso de Esopías.
¿Queres ver algúns exemplos de Esopías? Pincha AQUÍ
BASES:
1. Poderá participar calquera persoa dentro das categorías que se sinalan na base terceira.
2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou
galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en
conta a definición da mesma:
Esopía é un relato, comentario ou
poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un
número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:
- Alumnos de Primaria e primeiro ciclo da ESO.
- Alumnos de segundo ciclo da ESO e bacharelato.
- Adultos, maiores de 18 anos
4. A maiores das categorías anteriores, otorgarase un premio especial patrocinado por
educaBarrié á obra máis votada na web polos usuarios.
5. Os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 esopías, pero só terán opción a un premio.
Os premios poderán ser declarados desertos.
6. O prazo de entrega remata o 11 de abril de 2014.
7. As esopías deberán enviarse utilizando o formulario desta web (
pincha AQUÍ) e ir acompañadas de tódolos datos que se solicitan.
- Nome completo.
- NIF.
- Categoría na que participa.
- Enderezo electrónico e teléfono.
- Centro ao que pertenece e estudos que realiza, se é o caso.
- Declaración xurada da autoría da esopía.
8. O xurado estará composto por membros de AGAPEMA.
9. A data de entrega dos premios será o sábado, 26 de abril de 2014, durante a celebración da VIII Feira Matemática (PALEXCO).
O resultado do concurso será publicado na páxina web da Feira Matemática (
feira.agapema.org) e tamén nesta web.
10. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, das esopías
premiadas, así como dos dereitos de publicación nos medios que considere
oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo
aos seus dereitos de autor.
11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das
normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que
será inapelable.