viernes, 9 de mayo de 2014

12 DE MAIO DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

No ano 2000, Ano Mundial das Matemáticas, a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) instituíu  o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas. Esta data elixíuse en honor a Pedro Puig Adam, nado o12 de maio de 1900 e internacionalmente recoñecido no campo da ensinanza das Matemáticas.

Neste ano 2014 a nosa biblioteca quere dedicarlle este día a insigne matemática MARÍA WONENBURGER PLANELLS, nada no Concello de Oleiros en 1927.
O Concello de A Coruña comprendendo a importancia desta egrexia matemática dedicoulle un monolito
(2011)  no PASEO DAS CIENCIAS, creado para homenaxear a aquelas figuras científicas máis sobranceiras de galicia e que se ubica a carón da casa das Ciencias, monte de santa Margarita. 
Asimesmo o concello de Oleiros inaugurou un parque en Montrove (2012),  co nome de MARÍA WONENBURGER, lugar no que naceu.
Vídeo paseo das ciencias:





O 10 DE MAIO CELEBROUSE NA CORUÑA, NA CONTORNA DA CASA DAS CIENCIAS, O DÍA DA CIENCIA NA RÚA.
NO SEGUINTE VÍDEO PÓDENSE OBSERVAR DISTINTOS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DOS  CENTROS DE ENSINO PARTICIPANTES.

No hay comentarios: