martes, 27 de abril de 2010
17 MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A UXÍO NOVONEYRA (pincha aquí para ir á páxina de Novoneyra)
UXÍO NOVONEYRA
O poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, na serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. Falece o 30 de outubro de 1999.
“ Canta o cuco cala e canta
Dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
E volta o cuco a cantar”.
(Os Eidos)
Fentos secos do Inverno!
Fainteiras do Val Arcón e Fontela!
Manchas de tempo
esperdigadas eiquí i aló pola serra!
Os Eidos (1955)
Xestas froridas da Sítima!
Virtas de xesta piornal!
Terra probe sequiza
de penedo i erba-chá!
Os Eidos (1955)
CARQUEIXAS uces e penas!
Camiños da serra aberta
pra lonxes terras de serras!
Os Eidos 2 (1974)
BIDUEIROS cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
Rebolos tocos faias derrubadas!
Os Eidos 2 (1974)
CALIGRAMA
Tan perto o canto che eu miro!
Coma se chegara a nembrar pro que eu nacera.
Xuventú!
Inda ainda, Xuventú
(Fonte: RAG e páxina de Uxío Novoneyra,Xunta.)
Máis información no seguinte enlace: http://www.uxionovoneyra.com/biografia.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario