A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DEDÍCALLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO POETA MANUEL MARÍA.
O CARRO
Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!
¡Traime a colleita pra casa!
Terra Chá, 1954
No hay comentarios:
Publicar un comentario