O pasado venres, 27 de decembro, morreu XOSÉ NEIRA VILAS, o autor de Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas.
No verán ando descalzo. O pó dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás duas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos".
Xosé NEIRA VILAS, Memorias dun neno labrego, Edicións Do Castro, 2001
No hay comentarios:
Publicar un comentario