CONCURSO DE ESOPÍAS 2017
IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)
ESOPÍAS
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
- Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
- Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
- A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
- Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2017”.
- Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
- O prazo de entrega remata o 20 de abril de 2017.
APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS
- As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.
- Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario