IES
EDUARDO BLANCO AMOR
BIBLIOTECA
CONCURSO
“DÍA DAS LETRAS GALEGAS”
CURSO
2017/18
A
Biblioteca María Wonenburger (IES Eduardo Blanco Amor) convoca un
CONCURSO no que poderá participar todo o alumnado matriculado este
curso 2017-2018 no Instituto Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
O
concurso pretende fomentar a creación artística e literaria. Os
traballos presentados deberán conter un texto en galego que faga
referencia ao significado que ten para Galicia esta data do 17 de
maio, día da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares
galegos en 1863. O texto deberá ir acompañado dunha ilustración
relacionada con el.
Os
traballos presentaranse en formato DIN-A3. A técnica é libre.
Na parte
posterior da lámina deben constar: Nome, apelidos e curso do autor.
A data
límite de entrega é o 18 de maio de 2018.
Os
traballos deben ser entregados na biblioteca durante os recreos.
O xurado
estará formado por membros do equipo da Biblioteca e dos
Departamentos didácticos colaboradores.
O xurado
concederá premios (ofrecidos pola ANPA) ás seguintes modalidades:
Modalidade
I: 1º Ciclo da ESO
Modalidade
II: 2º Ciclo da ESO e
Bacharelato
Biblioteca
IES E.
Blanco Amor. Culleredo
No hay comentarios:
Publicar un comentario