miércoles, 18 de diciembre de 2019

Exposición STEM

ANÍMATE, VISITA O NOSO EXPOSITOR CIENTÍFICO (STEM) NA BIBLIOTECA!


Dende esta semana podes ver o expositor cos últimos libros científicos adquiridos, seguro que atoparás algún que che guste.


Fomos falar con Ángel Acción, o organizador de Club de Ciencia, para que nos dera a súa opinión sobre os libros e o Club.
-Biblioeba: ola, Ángel, podes contarnos en que consiste o Club?
- Ángel: É un espazo de aprendizaxe baseado na investigación e traballo co obxectivo de dar resposta a problemas que nos interesan. É un traballo en equipo.
- Bilioeba: Quen está implicado no Club?
-Ángel: Pode colaborar calquera departamento e alumnado posto que os temas e intereses poden ser moi variados. Actualmente o noso club céntrase na robótica e domótica.
- Biblioeba: Que opinas das novas adquisicións que fixo a biblioteca?
- Ángel: Están xeniais! Todos estes libros, ademais de ser divulgativos presentan unha edición moi atractiva.

Xa sabeches, se queredes pertencer ao Club de Ciencia, falade con Ángel, el estará encantado de ofrecervos calquera información. Tamén podes consultar o seu blog, picando AQUÍ.

Ah, e animádevos a coller un libro como lectura para este nada….eu xa teño o meu!

No hay comentarios: