viernes, 24 de septiembre de 2021

Benvida ao novo curso e agradecemento. Diplomas de voluntariado na biblioteca escolar

 Xa estamos de volta

E para comezar este novo curso, nada mellor que recompensar ao alumnado voluntario do curso pasado.

No primeiro recreo de hoxe, entregamos os diplomas de voluntariado cos que a Consellería de Educación recoñece esta actividade  que pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural.




Son Carlos, André, Mario, Pedro, David, Noa V., Abebech, Daniel R., Daniel R., Aitor, Fabián, Ainoa, Noa F. y Noa P. ; acompañados polas profesoras encargadas, Raquel e Begoña.

Moitas grazas polo voso traballo.



No hay comentarios: