lunes, 31 de enero de 2022

Ranma 1/2




Novo título para o club Manga de segundo de ESO.

Ranma 1/2  é un manga e anime  de Rumiko Takahashi que trata dun neno que sofre unha rara maldición.



miércoles, 26 de enero de 2022

POSTAIS DE SAN VALENTÍN

Este concurso ten como finalidade principal promover a expresión escrita e a expresión plástica entre o alumnado do IESBA.

Traballo premiado na convocatoria anterior
Autora: Carla Beiras


TRABALLOS

Cada participante poderá presentar como máximo unha tarxeta en cada un dos idiomas que se ensinan no IESBA (galego, castelán, francésinglés e italiano).

O tema das tarxetas será “o amor”.

Na tarxeta haberá un texto breve, en prosa ou verso, orixinal ou de autores famosos (neste último caso, os autores deberán citarse) acompañado de imaxes orixinais (debuxos ou fotografías), que tamén poden ser usadas como soporte da tarxeta.

Valorarase a orixinalidade e creatividade das participacións.

As tarxetas gañadoras exporanse no instituto e publicaranse na páxina web do IES e no blog da biblioteca.

Cada estudante entregará a tarxeta á/ao docente da lingua correspondente ou ao profesorado encargado da bilbioteca nos recreos.

A postal debe ir dentro dun sobre pechado no que se indique NOME E APELIDOS, CURSO E IDIOMA.

Data límite de entrega: 7 de febreiro de 2022

ORGANIZAN: BIBLIOTECA E DEPARTAMENTO DE LINGUAS

Novidades xaneiro




 

miércoles, 19 de enero de 2022

Nova xuntanza do Club de lectura


 O alumnado de primeiro de bacharelato e cuarto de ESO celebrou tamén a súa primeira xuntanza do ano.

Este luns falaron de O club da calceta, de María Reimóndez.

A charla foi tan interesante que decidiron continuar outro día.




martes, 18 de enero de 2022

Club de lectura 1ºESO

 Primeira xuntanza do ano do Club de lectura de 1º ESO.



O libro elixido para comezar o ano é O curioso incidente do can a media noite, de Mark Haddon.

Na bibliteca, podedes tamén atopar a tradución en castelán.











lunes, 17 de enero de 2022

Nova ano, novo manga

Neste 2022, continuamos cos clubes de lectura.

Club Manga: 




martes, 11 de enero de 2022

Club de lectura do profesorado

O pasado mes de decembro, os días 13 e 9, celebráronse as primeiras xuntanzas do Club de lectura do profesorado.

En La vida contada por un sapiens a un neandertal,  Juan Luis Asuaga explica a Juan José Millás que  as pegadas da humanidade a través dos séculos están en moitos escenarios da nosa vida actual.

Una obra que mestura divulgación científica con literatura.

Lectura recomendada para alumnado de bacharelato e adultos.



lunes, 10 de enero de 2022

Feliz 2022

 Ao chegar ao Instituto, atopamos abertas todas as xanelas do noso calendario de Advento.

Preme na imaxe para ler as recensións


Os días fríos e chuviosos de xaneiro poden ser un bo momento para a lectura.

Feliz ano 2022!