Este concurso ten como finalidade principal promover a expresión escrita e a expresión plástica entre o alumnado do IESBA.
Traballo premiado na convocatoria anterior Autora: Carla Beiras |
TRABALLOS
Cada participante poderá presentar como máximo unha tarxeta en cada un dos idiomas que se ensinan no IESBA (galego, castelán, francés, inglés e italiano).
O tema das tarxetas será “o amor”.
Na tarxeta haberá un texto breve, en prosa ou verso, orixinal ou de autores famosos (neste último caso, os autores deberán citarse) acompañado de imaxes orixinais (debuxos ou fotografías), que tamén poden ser usadas como soporte da tarxeta.
Valorarase a orixinalidade e creatividade das participacións.
As tarxetas gañadoras exporanse no instituto e publicaranse na páxina web do IES e no blog da biblioteca.
Cada estudante entregará a tarxeta á/ao docente da lingua correspondente ou ao profesorado encargado da bilbioteca nos recreos.
A postal debe ir dentro dun sobre pechado no que se indique NOME E APELIDOS, CURSO E IDIOMA.
Data límite de entrega: 7 de febreiro de 2022
ORGANIZAN: BIBLIOTECA E DEPARTAMENTO DE LINGUAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario