Onte, 17 de outubro, recibimos na Biblioteca a Gonzalo Moure.
O autor de Palabras de Caramelo conversou co alumnado de primeiro de ESO sobre a historia de Kori e sobre moitas cousas máis, como o proxecto Bubisher.
O autor animou á rapazada a "escrivivir" e dedicounos o seu último libro Por qué llora la maestra:
Ademáis da súa emotiva e interesantísima conversa, deixounos outro agasallo, o libro El niño de luz de plata, tamén dedicado.
A directora do IES entregoulle a Gonzalo Moure un recordo deste encontro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario