domingo, 25 de diciembre de 2022

Un clásico do Nadal

 



Hoxe propoñémovos a lectura do clásico de Dickens Canto de Nadal traducido ao galego por Carlos Acevedo.

Esta edición de Kalandraca inclúe  ilustracións  de Roberto Innocenti.

Preme na imaxe para saber máis.









sábado, 24 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 24 de decembro

LOUISA MAY ALCOTT: MUJERCITAS

Queremos pechar este Calendario de Advento Literario cunha obra que sempre nos fai pensar no Nadal. 

Acompañade a estas catro irmás no seu paso da adolescencia á madurez durante a Guerra Civil dos Estados Unidos.

Este clásico da Literatura conta con varias versións cinematográficas.



O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN BO NADAL!!!






viernes, 23 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 23 de decembro


Para maiores de 16 anos.

 DOMINGO VILLAR:  A PRAIA DOS AFOGADOS

O corpo dun mariñeiro coas mans atadas ás costas aparece flotando en Panxón. O inspector Leo Caldas deberá resolver un asasinato que está rodeado por numerosas sospeitas, ningunha testemuña e moitos veciños que gardan silencio.







jueves, 22 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 22 de decembro

 

Non recomendada para menores de 16 anos.

NACHO CARRETERP: FARIÑA


Serie e obra de teatro, pero antes que nada, libro. 

Fariña é unha obra indispensable para comprender o narcotráfico en Galicia.




miércoles, 21 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 21 de decembro



TRACY CHEVALIER:  LA JOVEN DE LA PERLA


Ao mirar un cadro nunca pensaches cal sería a historia que está detrás desa obra? Isto é exactamente o que fai Tracy Chevalier nesta estupenda novela histórica que nos transporta ao Delf do século XVII.


Tamén podes achegarte á historia a través da súa versión cinematográfica.









martes, 20 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 20 de decembro

 




ICHIGO TAKANO: ORANGE


Imaxina que recibes unha carta de teu eu futuro dicíndiche que non te fagas amigo do novo alumno que chegará ese día ao instituto ou algo terrible pasará. Que farías?

lunes, 19 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 19 de decembro

 





GONZALO MOURE: ¿POR QUÉ LLORA LA MAESTRA?

Gonzalo Moure ofréceche nesta "carta larga para ti que quieres escribir", unha guía chea de consellos. Unha obra imprescindible para a xente nova (e non tan nova) que quere escribir. 

Gañadora do Concurso de Cosplay

Antes de rematar o trimestre, queremos felicitar a Yurena Ramundo Solar, gañadora do noso Primer Concurso de Cosplay.







domingo, 18 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 18 de decembro

 

MARÍA ORUÑA: EL BOSQUE DE LOS CUATRO VIENTOS



A lenda de nove aneis de bispos con poderes máxicos + un asasinato no mosteiro ourensán de Santo Estevo de Ribas de Sil na nosa época + a filla dun médico na Galicia de principios do século XIX que non está disposta a adaptarse ás convencións sociais = EL BOSQUE DE LOS CUATRO VIENTOS, unha novela que te atrapará dende a primeira páxina.




sábado, 17 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 17 de dembro

 




YOSHOTOKI OIMA: SILENT VOICE

Unha rapaza xorda, acosada. O seu acosador, que acaba sendo acosado. É posible unha amizade entre eles?




viernes, 16 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 16 de decembro



KONAMI KANATA: EL DULCE DE CHI

 Se estás de baixón ou simplemente tes ganas de rir, recomenámosche este manga, no que o gatiño Chi farate rir a gargalladas mentres descobre o mundo que o rodea.


jueves, 15 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 15 de decembro


PARA MAIORES DE 16 ANOS


 

ARANTZA PORTABELES SANTOMÉ: BELEZA VERMELLA

Unha famlia adiñerada de Compostela está celebrando o San Xoan no xardín. Mentres, o corpo de Xiana, a máis nova de familia, flota nun mar de sangue. A escea recrea unha das pinturas máis famosas da súa avoa...

miércoles, 14 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 14 de decembro

 



JORDI SIERRA I FABRA: KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA

Antes de morrer, Frank Kafka atopuo nun parque de Berlín unha nena chorando desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmala, o autor de Metamorfose dille que a súa boneca está de viaxe, e convértese no seu carteiro.




martes, 13 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 13 de decembro

 

HIROMU ARAKA: SILVER SPOON

Yugo é un rapaz ao que non lle gustan especialmente os animais nin a natureza. Aínda así, necesita un cambio de aires e comeza a estudar nunha escola de capacitación agraria.

Da man da autora de Fullmetal Alchemist, divertiraste mentres Yugo tenta adaptarse a un mundo moi diferente ao del.


lunes, 12 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 12 de decembro




JANE AUSTEN: ORGULLO Y PREJUICIO

A esta obra mestra da literatura universal podes achegarte de diferentes xeitos:








domingo, 11 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 11 de decembro

 

EDGAR ALLAN POE, EL ESCARABAJO DE ORO

O descubrimento dunha nova especie de escaravello cambiará a vida de tres homes para sempre.
Unha historia inquietante, misteriosa e con xiros inesperados.


sábado, 10 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 10 de decembro

 


ELOY MORENO: INVISIBLE

Que pode pasar na vida dun rapaz adolescente para que desexe con todas as súas forzas ser invisible?





viernes, 9 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 9 de decembro

 A recomendación de hoxe é só para maiores  de 16 anos.


GEORGE R.R. MARTIN: JUEGO DE TRONOS

Winter is coming.








jueves, 8 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 8 de decembro

 


JEN WANG, EL PRÍNCIPE Y LA MODISTA

Un Príncipe cun segredo, unha modista que o axuda…






miércoles, 7 de diciembre de 2022

Calendario de Advento. 7 de decembro

 






AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: CORREDORES DE SOMBRAS

No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un cadáver cun furado de bala na cabeza que foi emparedado hai máis de cincuenta anos.