Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de noviembre de 2025

martes, 4 de noviembre de 2025

Semana das Mates

 

Esta semana dinamizará os tempos de lecer o Departamento de Matemáticas.

Haberá xogos, torneos, retos.......




lunes, 3 de noviembre de 2025

Mes da Ciencia na Biblio

 

Comezamos o mes da ciencia na biblio!

Estade atentos porque habeá actividades do Departamento de Matemáticas

 e do Departamento de Bioloxía e xeoloxía no tempo de lecer.


viernes, 24 de octubre de 2025

Día das Bibliotecas escolares

 Hoxe é o Día das Bibliotecas escolares e , para celebralo, Biblioeba celebrou  onte a nosa tradicional Xincana Literaria inspirada en Harry Potter.

Moitas grazas a todos os departamentos que colaboraron con nós!


martes, 22 de abril de 2025

Actividades do Mes do Libro

   En Biblioeba celebramos durante abril e maio o Mes do Libro con un mpntón de actividades.

Aquí tendes o calendario!





lunes, 7 de abril de 2025

Torneo de Xadrez

 Biblieba colabora co departamento de matemáticas na organización dun Torneo de Xadrez. Se queres participar só tes que anotarte nas folla de inscrición do taboleiro da túa aula.



viernes, 31 de enero de 2025

Ciclo de mulleres 2025

      Como cada ano, coincidindo coa celebración do Día da Muller traballadora, Biblioeba organiza o seu Ciclo de mulleres.

Este ano participará alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO e 1º de BAC.







lunes, 4 de noviembre de 2024

Semana das Mates

 Esta semana comenza a dinamización científica nos recreos da biblio.

Inauguramos actividade co departamento de Matemáticas.


Mes da ciencia na biblio

 Comenza o mes da ciencia na biblio. Durante todo o mes de novembro, os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual dinamizarán os tempos de lecer. 


jueves, 24 de octubre de 2024

Xincana literaria

 Hoxe é  o día das bibliotecas e para celebralo o equipo de Dinamización da biblioteca, o equipo de Dinamización da lingua galega, os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, Educación Plástica e Educación Física organizamos, outro ano máis, unha xincana literaria con temática de Harry Potter.  Esta xincana ía dirixida a todo o alumnado voluntario da biblioteca e a todos os membros dos clubs de lectura. 

 Dende o equipo de Dinamización da biblioteca queremos dar as grazas ao noso alumnado por estar sempre disposto a participar en todas as actividades que propoñemos e ao profesorado colaborador por facer posible esta xincana.



lunes, 7 de octubre de 2024

Calendario de clubs de lectura

 Aquí tendes o calendario de reunións dos clus de lectura do curso 2024/25



martes, 21 de mayo de 2024

Representación de El Retablo de las Maravillas

O pasado luns, 13 de maio, o alumnado de 4º ESO A representou unha adaptación do entremés de Cervantes, El retablo de las Maravillas, para os usuarios do Centro de día do Burgo.


Tanto a actuación como o coloquio posterior foron unha experiencia inesquecible!


martes, 14 de mayo de 2024

Obradoiro de papel reciclado

Dentro das actividadaes progamadas para a conmemoración do Día do Libro, o alumndo de 1º de ESO leva a cabo un obradoiro de papel reciclado. 

Nesta actividade participan o Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, o Club de Ciencia e o Equipo de Dinamización de BIBLIOEBA.


  
Aquí tendes unha mostra dos traballos             realizados.



viernes, 10 de mayo de 2024

Apadriñamento lector

 

Dentro das actividades do Mes do Libro, este curso retomamos o Apadriñamento lector, unha actividade inerxeracional na que o alumnado de 4º ESO e primeiro de bacharelato acolle ao alumnado  de Infantil do CEIP Ría do Burgo.

Comezaron cun contacontos sobre Luísa Villalta,  a continuación decoraron violíns e, para rematar, visitaron a exposición de libros preparado pola Biblioteca Municipal do Fórum e participaron dos espazos de arte e xogos de Biblioeba.






miércoles, 24 de abril de 2024

Charla sobre Terraformación de Marte

O pasado 22 de abril,  o alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e CUCI asistiu a unha charla sobre a Terraformación de Marte, impartida por Borja Tosar.

Moitas grazas, Borja, polo teu tempo e a túa dedicación, e por achegarnos un tema tan interesnate dun xeito tan ameno

viernes, 15 de marzo de 2024

Viaxe de voluntariado da biblioteca e clubs de lectura

O alumnado voluntario de Biblioeba e o participante nos clubs de lectura gozou dunha estupenda viaxe Entre outas cousas, asistiron en Madrid ao musical Mamma mía, visitaron o parque temático Puy de fou e realizaron unha ruta literaria pola cidade de Toledo.











martes, 9 de enero de 2024

Nova actividade para os recreos

 Comezamos o curso cunha nova proposta colaborativa par ao tempo de lecer:

Se vos gustan os puzzles, animádemos a participar.

jueves, 2 de noviembre de 2023

Mochilas viaxeiras

 Presentámosvos as nosas mochilas viaxeiras temáticas cheas de lecturas para toda a familia.

Ven á biblio!

martes, 24 de octubre de 2023

Xincana en Biblioeba


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha divertidísima xincana de temática Harry Potter.

Unha actividade organizada polo equipo de Biblioeba para todo o alumnado que colaborou o curso pasado como voluntariado e que participou nas actividades dos clubs de lectura.







viernes, 23 de junio de 2023

Último faladoiro OrgullosXs

O pasado martes reunímonos na biblioteca no derradeiro faladoiro deste curso. 

Retomamos alguns temas que quedaran a medio falar nas xuntanzas anteriores e coincidimos todXs en que temos que continuar o próximo curso.



Grazas a todxs por esta magnífica experiencia e ata o próximo curso!