Hoxe, 14 de marzo (3/14 na notación das datas empregada en Estados Unidos) celébrase o Día de π.
Pi é una letra do alfabeto grego que, en matemáticas, designa a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro.
Para celebrar esta data, a biblioteca convoca, como sabedes, un Concurso de ESOPÍAS no que pode participar todo o alumnado de 1º de ESO. CONSULTADE A INFORMACIÓN NESTE ENLACE .
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) convoca tamén un concurso de ESOPÍAS no que pode participar todo o alumnado.
Consultade as bases neste ENLACE ou premendo na imaxe do logo de AGAPEMA.
Tende en conta que o prazo de entrega remata o 18 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario