BIBLIOEBA convoca o I CONCURSO DE BOOKTUBER
Trátase dunha actividade de fomento da lectura que consiste na realización dun vídeo orixinal no que se faga un comentario dun libro.
Poderá participar todo o alumnado no IES EBA.
O vídeo, que poderá ser en galego, castelán inglés ou francés, terá unha duración máxima de 3 minutos.
Se algunha parte do contido (imaxes, música, textos…) non son de creación orixinal, os seus autores deben figurar nos créditos.
Os traballos serán enviados ao correo biblioeba@gmail.com. No asunto debe aparecer "Concurso booktuber". No corpo do correo escribiranse o nome, apelidos e curso do autor ou autora.
Prazo de presentación: entre o 23 de abril, “Día do libro”, e o 17 de maio, “Día das Letras Galegas”.
CATEGORÍAS
Establécense dúas categorías:
Primeira categoría: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.
Segunda categoría: alumnado de 4º de ESO e de bacharelato.
PREMIOS
Otorgarase un premio ao mellor traballo de cada categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario