lunes, 27 de octubre de 2025
Concurso de Microrrelatos de Terror
jueves, 16 de octubre de 2025
lunes, 29 de septiembre de 2025
Hora de Ler
O martes 1 de outubro comezamos coa Hora de Ler en todos os cursos da ESO.
Consulta o calendario na túa aula!
lunes, 22 de septiembre de 2025
Lectura e Familias
Esta semana temos a primeira xuntanza do noso querido club de Lectura e Familia.
Disfrutaremos dos reencontros e das novas incorporacións.
lunes, 15 de septiembre de 2025
viernes, 12 de septiembre de 2025
Buscamos voluntarios!
Unha parte fundamental de Biblioeba sodes vós,
por iso, se queredes colaborar como voluntarios,
podedes anotarvos na biblioteca .
jueves, 11 de septiembre de 2025
Club de Arte
Este curso seguiremos realizando unha chea de actividades en
Integrarte, o club de arte do IES EBA.
Se o teu é a creatividade e gozar de boa compañía,
ven a Biblioeba e informámosche!
miércoles, 10 de septiembre de 2025
domingo, 1 de junio de 2025
Recomendacións para o verán
Xuño xa está aquí e hai que pensar en todo o que imos ler en verán.....
Dende Biblioeba facémosvos algunhas recomendacións!
viernes, 30 de mayo de 2025
Derradeira reunión do Club de lectura de 3º ESO
" A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto, foi o derradeiro libro comentado polo Club de lectura de 3º da ESO nas súas reunións dos xoves.
Xa pensando no Club de lectura de 4º do vindeiro curso!
jueves, 29 de mayo de 2025
Novidades en Biblioeba
Xa podedes ver no expositor algunhas das novidades do mes de maio.
Algunhas delas están incluídas dentro do Poxecto Inclusión Educativa
Podes consultar todas as novas adquisicións en Biblioeba
jueves, 22 de mayo de 2025
Club de Lectura de Divulgación científica
martes, 20 de mayo de 2025
Representación teatral
Dentro do programa de Aprendizaxe e Servizo do IES EBA e das Lecturas compartidas desenvoltas durante a hora de reforzo en Biblioeba, o alumnado de 1º de ESO A e C realizou, o 19 de maio, unha representación teatral para os usuarios do Centro de Día do concello de Culleredo.
Logo da representación o alumnos e maiores puideron charlar obre comocambiaron os tempos en cuestións de festas, moz@s e vestimenta.
Foi unha experiencia moi enriquecedora!
miércoles, 14 de mayo de 2025
Apadriñamento lector
Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 5º e 6º de educación infantil do CEIP Ría do Burgo, e un grupo de alumnado voluntario de cuarto de ESO realizaron o xa tradicional Apadriñamento Lector.
Foron dúas xornadas de música, baile, manualidades e lectura nas que contamos ademáis coa actuación dun grupo de alumnado de varios cursos e dúas profesoras.
sábado, 10 de mayo de 2025
Viaxe do alumnado pertencente ao Club de lectura, Club de Arte e voluntariado de Biblioeba
O alumnado pertencente ao Club de Lectura, Club de Arte e voluntario de Biblioeba , disfrutou duns días de viaxe cultural e convivencia ,visitando Mérida e Granada e asistindo a un musical en Madrid.
Todos volvemos algo cansos pero entusiasmados coa experiencia
martes, 22 de abril de 2025
Actividades do Mes do Libro
En Biblioeba celebramos durante abril e maio o Mes do Libro con un mpntón de actividades.
Aquí tendes o calendario!
lunes, 7 de abril de 2025
Torneo de Xadrez
Biblieba colabora co departamento de matemáticas na organización dun Torneo de Xadrez. Se queres participar só tes que anotarte nas folla de inscrición do taboleiro da túa aula.
jueves, 6 de marzo de 2025
Club de lectura de 3º da ESO
Neste segundo trimestre, o alumnado do Club de lectura de 3º da ESO, acompañados pola profesora Yolanda Mosquera, está a ler "Non cantan paxaros neste bosque", de Carlos Negro
jueves, 13 de febrero de 2025
Club de lectura de Harry Potter
En Biblioeba temos o club de lectura perfecto para os amantes de Harry Potter.
Desta volta , están a ler Harry Potter e o cáliz de lume.
lunes, 3 de febrero de 2025
Podcast literarios
O alumnado de 1º da ESO está a a gravar en Polos Creativos
Antes disto, cada grupo realizou o seu propio guión. Unha vez rematadas as gravacións pasarán a editalas para obter o seu propio Podcast literiario
viernes, 31 de enero de 2025
Ciclo de mulleres 2025
Como cada ano, coincidindo coa celebración do Día da Muller traballadora, Biblioeba organiza o seu Ciclo de mulleres.
Este ano participará alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO e 1º de BAC.
jueves, 30 de enero de 2025
Reunión do Club de lectura de adultos
O profesorado do IES EBA pertencente ao Club de lectura, disfrutou onte , dunha xuntanza para comentar "El chico de la última fila" de Juan Mayorga.
Foi unha reunión deliciosa!
viernes, 10 de enero de 2025
jueves, 9 de enero de 2025
Recomendacións lectoras
O alumnado de 1º da ESO realizou, neste primeiro trimestre, trípticos de recomendacións lectoras temáticas dirixidos a toda a comunidade educativa.
.jpg)



.png)

).png)



















