Mostrando entradas con la etiqueta LECTURA E FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LECTURA E FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de enero de 2025

Segundo trimestre en Lectura e Familia

 Xa temos preparadas as actividades de Lectura e Familias para este segundo trimestre. Desexando que chegue mañá para reencontrarnos con esas familias tan riquiñas que nos acompañan mes a mes (e ano a ano)🥰





lunes, 6 de mayo de 2024

Vicent van Gogh en "Lectura e familias"

 




Nas últimas sesións do programa "Lectura e familias" coñecemos un pouco máis a figura de Vicent van Gogh partindo da lectura do libro O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.

Foron dúas sesións con moita arte, na que ata fixemos a nosa versión da famosa Noite estrelada. 


Moitas grazas a todas as familias.



lunes, 11 de marzo de 2024

Lectura e familias con Andrea Maceiras

 O pasado 7 de febreiro, Andrea Maceiras participou nas actividades do programa "Lectura e familias".





As familias participantes leron Que me pare o corazón se te esquezo, e tiveron a oportunidade de falar coa recoñecida autora. 

Grazas a Antía e a todas as familias que fan posible esta interesantísima actividade.

martes, 6 de febrero de 2024

Primeira reunión de Lectura e familias

O 1 de febreiro comezamos as actividades do programa de "Lectura e familias" coa entrega do libro que compartiremos.



Foi unha tarde moi agradable na que nos reencontramos con algunhas familias e chegaron outras novas.

martes, 30 de enero de 2024

Lectura e familas

 Despois do éxito do curso pasado, xa estamos de volta co a actividade de "Lectura e familias".

Comezamos o xoves 1, de febreiro, co reparto de libros.

Estas son as actividades programadas: 

    • Charla de ciberseguridade (febreiro)
    • Encontro coa escritora Andrea Maceiras (marzo)
    • Charla e obradoiro de arte (abril)
    • Club de lectura (maio)
    • Charla Necesidades Específicas de Apoio Educativo (maio)

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


martes, 21 de noviembre de 2023

Biblioeba nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

O pasado sábado, 18 de novembro, oo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca asistiu, un ano máis, ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Nesta ocasión, a nosa coordinadora compartiu a experiencia de Lectura e familias que desenvolvimos o curso pasado. 



Aproveitamos para agradecer a todas as familias participantes, porque sen elas non tería sido posible.

martes, 17 de octubre de 2023

Lectura para as familias


Este curso, na entrada do IESEBA, ao carón da zona de espera, podedes atopar un recuncho de lectura para as familias.
Se vos interesa algún libro, podedes solicitalo a través do alumnado





Estes son algúns dos títulos:



Lembrade que todos os fondos de BIBLIOEBA están á vosa disposición.

Podedes consultalos neste blog premendo na imaxe de MEIGA ou  neste ENLACE

jueves, 8 de junio de 2023

Lectura e familias. Transmisión oral

Onte celebrouse na Biblioteca a derradeira xuntanza do programa "Lectura e familias". A sesión centrouse na transmisión oral, entrevistas e booktubers.

Como sempre, foi un auténtico pracer poder compartir a tarde coas familias participantes.




viernes, 2 de junio de 2023

Lectura e familias. Última sesión


O próximo 7 de xuño, celebraremos ás 17 horas, na Biblioteca,  a última reunión do programa "Lectura e familias", dedicada á transmisión oral.

Agardámovos!

miércoles, 12 de abril de 2023

Lectura e familias con Violeta Meléndrez

Hoxe tivemos a terceira sesión do programa "Lectura e familias". Esta xuntanza estivo adicada á presenza do galego nas redes, e contamos coa presenza de Violeta Meléndrez (@littera_lupa).


Foi unha tarde estupenda falando de literatura e ademais coñecimos bookstagrammer que teñen contas en galego.

martes, 11 de abril de 2023

Terceira sesión de Lectura e familias


     O mércores, 12 de abril, terá lugar a terceira sesión de         "Lectura e familias".

    Será ás 17 horas na Biblioteca. 

    Violeta Melédez Doval, estudiante de Filoloxía na                Universidade da Coruña en bookstagramer,  falará sobre       "Os   libros e as redes"-


jueves, 2 de marzo de 2023

Lectura e familias con Toño Vilaverde

Onte tivemos a segunda sesión do programa Lectura e familias: Orientacións para aprender a través da banda deseñada. O exemplo do manga.

O obradoiro, impartido por Toño Vilaverde, permitiunos descubrir o manga ou afondar no noso coñecemento sobre o tema. 



Moitas grazas a Toño por compartir con nós os seus amplos coñecementos e moitas grazas ás familias por participar.

A seguinte xuntanza será despois de Semana Santa.

martes, 28 de febrero de 2023

Segunda sesión de Lectura e familias




O mércores, 1 de marzo, teremos a segunda sesión de "Lectura e familias".

Toño Villaverde compartirá con nós "Orientacións para aprender a través da banda deseñada. O exemplo do manga".

Temos moitas ganas de afondar no mundo do cómic, da novela gráfica e do manga!

jueves, 2 de febrero de 2023

Primeira sesión de Lectura e familia


Onte, na bibliteca tivemos a primeira sesión do obradoiro "Lectura e familia", impartido por Sonia Hermida Galán

                        





Compartíronse gustos lectores  e despois, partindo de A guerra dos mundos, de H. G. Wells, os participantes, por grupos, decidiron que tres libros merecerían ser salvados nunha apocalipse.


                



                 


                    


Un auténtico pracer pasar a tarde debatindo sobre libros.
Moitas grazas ás familias participantes!

jueves, 19 de enero de 2023

Lectura e familias

Interésanvos os libros, a ciberseguridade ou o manga e queredes compartir tempo en familia cando nós na Biblioteca?

O Equipo de Dinamización da Biblioteca vai levar ao cabo unha serie de obradoiros no marco  do programa da Consellería de Educación “Lectura e familias”.

Preme na imaxe para ter máis información.