miércoles, 17 de marzo de 2010

MIGUEL DELIBES SETIÉN



Dende o blogue da biblioeba queremos lembrar e este grande escritor de lingua castelá que faleceu o día 12 de marzo de 2010.

INFORMARSE EN:
 http://www.catedramdelibes.com/archivos/000011.html

sábado, 13 de marzo de 2010

PARA A TERRA: TRES DÍAS DE MARZO (21, 22 23)

21 DE MARZO DÍA FORESTAL MUNDIAL

En 1971 os estados membros da FAO , aceptaron a celebración do Día Forestal Mundial o día 21 de marzo, primeiro día de outono no hemisferio sur e primeiro día de primavera no hemisferio norte, para poder imprimirlle un carácter simultáneo en todo o mundo.

22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano foi declarado Día Mundial da auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidade coas recomendacións da Conferencia da Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos de Auga Doce) da Axenda 21.

23 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

Este día celébrase para conmemorar a firma, en 1950, do convenio de creación da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), como organismo de Nacións Unidas para asegurar a cooperación internacional en materia meteorolóxica.

FUNDACIÓN-BIODIVERSIDAD

miércoles, 10 de marzo de 2010

martes, 9 de marzo de 2010

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

O único que queda é o amor é un dos libros máis premiados e recoñecidos dos publicados en Galicia durante os últimos anos. Reeditado en cinco ocasións, con anterioridade a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, recibiu o Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, o Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007, o Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato), o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 .

miércoles, 24 de febrero de 2010

PARA DISFRUTAR LENDO. ANTOLOXÍA DO CONTO POPULAR GALEGO


Antoloxía do conto popular galego
Barrio, Maruxa
Harguindey, Henrique
Editorial Galaxia. Colección: antoloxías (252 páxinas)
Unha selección dos mellores contos creados pola cultura popular galega.
Contos de animais, contos realistas e de burla e contos de tema marabilloso fan que este libro sexa unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo. Fala a literatura coinciden e son manifestación dun pobo que se conta a si mesmo, que se retrata con humor, que se achega ao mundo coa sabedoría cultivada e transmitida de xeración en xeración.

lunes, 22 de febrero de 2010

CADA LECTURA É UNHA AVENTURA. 8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA (pincha quí)



No estudo realizado por Isabel Álvarez González e publicado baixo o título "As orixes e a celebración do Día Internacional da Muller, 1910-1945 (KRK-Edicións, Oviedo, 1999), o incendio que se vincula coa data do Día da Muller Traballadora, data que non foi -así aparece na anterior cronoloxía- o 8 de marzo senón o 25 de marzo de 1911, poucos días antes da celebración do primeiro Día Internacional da Muller, na empresa Triangle Shirtwaist.

A manifestación á que moitas veces se fai referencia, non ocorreu no 8 de marzo de 1908 nin de 1857, como ás veces se sinala, senón o 27 de setembro de 1909; a partir de novembro de 1908 segundo outras fontes, no marco dunha folga de máis de trece semanas dos empregados e empregadas do sector téxtil realizaron no East Side de Nova York. Participaron máis de 20.000 obreiros, na súa inmensa maioría mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataques, detencións (máis de 600), despedimentos... pero conseguiron as peticións reclamadas. O 8 de marzo de 1909 convocouse unha manifestación esixindo, de novo, melloras de condicións para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto das mulleres.


Na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que se celebrou en Copenhaguen en 1910, Clara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, propuxo a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, baseada na celebración que nos EE.UU. se realizaba dende 1908 como Women's Day co ánimo de reivindicar o sufraxio feminino. Este chamamento foi seguido en Alemaña, Suecia, Austria e Finlandia.

Os acontecementos de 1917 en Rusia nesa data, e que foron parte dos movementos que converxeron na Revolución de Outubro, contribuíron a afianzar esta celebración.

"Foi polo medio do traballo como a muller puido equipararse coa distancia que a separaba do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa".
Simone de Beauvoir.

miércoles, 27 de enero de 2010

MATEMÁTICAS PARA LER

Aquí tedes unha selección feita polo Departamento de Matemáticas de Hellín (Albacete).
Na BIBLIOEBA temos case todos os títulos.
Revisa os comentarios do seu alumnado e engade o teu.

martes, 26 de enero de 2010

POESÍA PARA LER. MIGUEL HERNÁNDEZ

(Desde o titular desta entrada podes acceder á súa obra)

ESTE ANO 2010 É O CENTENARIO DO NACEMENTO de MIGUEL HERNÁNDEZ, un dos poetas máis importantes do século XX e víctima do golpe de estado franquista, que levou á guerra civil española. O 28 de marzo de 1942 morre de tuberculose no cárcere aos 31 años de idade.

Naceu Orihuela o 30 de outubro de 1910, un pequeño pobo do Levante español.
Pinchano no título-enlace podes acceder a TODA a obra poética de MIGUEL HERNÁNDEZ.

Dado que o día de San Valentín é o vindeiro 14 de febreiro, incluímos unha mostra dalgúns dos seus poemas de amor.

CERCA DEL AGUA TE QUIERO LLEVAR.

Cerca del agua te quiero llevar,
porque tu arrullo trascienda del mar.

Cerca del agua te quiero tener,
porque te aliente su vívido ser.

Cerca del agua te quiero sentir,
porque la espuma te enseñe a reír.

Cerca del agua te quiero, mujer,
ver, abarcar, fecundar, conocer.

Cerca del agua perdida del mar,
que no se puede perder ni encontrar.

-------------------------------------

BESARSE, MUJER

Besarse, mujer,
al sol, es besarnos
en toda la vida.
Asciende los labios,
eléctricamente
vibrantes de rayos,
con todo el furor
de un sol entre cuatro.

Besarse a la luna,
mujer, es besarnos
en toda la muerte:
descienden los labios,
con toda la luna
pidiendo su ocaso,
del labio de arriba,
del labio de abajo,
gastada y helada
y en cuatro pedazos.

------------------------
A LA LUNA VENIDERA

A la luna venidera
te acostarás a parir
y tu vientre irradiará
la claridad sobre mí.

Alborada de tu vientre,
cada vez más claro en sí,
esclareciendo los pozos,
anocheciendo el marfil.

A la luna venidera
el mundo se vuelve a abrir.
-------------------------------

TRISTES GUERRAS

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

martes, 12 de enero de 2010

CAMIÑOS PARA A LECTURA

Diversas proposta para despertar e manter o interese pola lectura