En Biblioeba celebramos durante abril e maio o Mes do Libro con un mpntón de actividades.
Aquí tendes o calendario!
En Biblioeba celebramos durante abril e maio o Mes do Libro con un mpntón de actividades.
Aquí tendes o calendario!
Sempre é un pracer recibir a súa visita!
O pasado xoves, o escritor Nando López, achegouse á nosa biblioteca para conversar co alumnado de terceiro de ESO sobre a súa experiencia de escritor e, en concreto, sobre a súa obra teatral Por qué tiene que ser todo tal difícil.
Agradecemos ao autor a súa presenza e cordialidade, e a editorial Santillana a oportunidade de ter este encontro.
O pasado 7 de febreiro, Andrea Maceiras participou nas actividades do programa "Lectura e familias".

As familias participantes leron Que me pare o corazón se te esquezo, e tiveron a oportunidade de falar coa recoñecida autora.
Grazas a Antía e a todas as familias que fan posible esta interesantísima actividade.
Para celebrar o 14 de febreiro, Día dos Namorados, Biblioeba propón...
UNHA CITA A CEGAS.
O 1 de febreiro comezamos as actividades do programa de "Lectura e familias" coa entrega do libro que compartiremos.
Foi unha tarde moi agradable na que nos reencontramos con algunhas familias e chegaron outras novas.
Estas son as obras lidas:
CLub LGTIBQ+:
Club bacharelato:
VEN Á BIBLIO!
Presentámosvos as nosas mochilas viaxeiras temáticas cheas de lecturas para toda a familia.

Ven á biblio!
Estes son algúns dos títulos:


Lembrade que todos os fondos de BIBLIOEBA están á vosa disposición.
Podedes consultalos neste blog premendo na imaxe de MEIGA ou neste ENLACE
Onte, na bibliteca tivemos a primeira sesión do obradoiro "Lectura e familia", impartido por Sonia Hermida Galán
Compartíronse gustos lectores e despois, partindo de A guerra dos mundos, de H. G. Wells, os participantes, por grupos, decidiron que tres libros merecerían ser salvados nunha apocalipse.

Achégase o Samaín e, en Biblioeba, preparámomos para a celebración cunha selección de lecturas para morrer de medo.
Temos propostas para tódalas idades e para tódolos gustos.
Visita a nosa exposición.
O pasado luns, 21 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no IES á escritora Andrea Maceiras.
Se queres saber algo sobre ela, preme neste ENLACE
| O alumnado de 1ºESO gozou da súa charla. |
"A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia".
FONTE DA RECENSIÓN: https://www-xerais-gal