Este curso foi intenso en BIBLIOEBA.
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO DA MEMORIA DA BIBLIOTECA
A conversa tratou, entre outras cosas, sobre o proceso de creación, o tema do maltrato, a evolución da sociedade en temas de igualdade e sobre como abordar estes asuntos desde as aulas.
![]() |
"Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.
A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.
Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas".
Fonte do texto: https://editorialgalaxia.gal/produto/senlleiras/
![]() |
| Antía Yáñez en Biblioeba |
![]() |
| A autora co grupo do alumnado de bacharelato |
Grazas a Antía Yáñez por este encontro!
| Preme na imaxe |
Como xa vos teredes dado de conta, este curso estamos a renovar a distribución dos espazos da nosa biblioteca.
Así vai quedanado:

Coincidindo coa celebración do Día do libro, aquí tendes as novidades que podedes atopar na nosa biblioteca.
Entrega de premios da segunda edición do Concurso de Poesía organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literaura coa colaboración de Biblioeba:
Os traballos premiados foron:
Para completar esta semana repleta de teatro, un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato acudiu o pasado venres á representación da obra de Lope de Vega, Lo fingido verdadero, a cargo da CNTC, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
![]() |
| Fotografía de Sergio Parra. Fonte da imaxe: http://teatroclasico.mcu.es/2021/06/09/lo-fingido-verdadero/ |
A obra, considerada por algunha parte da crítica como o Hamlet de Lope, utiliza á figura do Ginés -actor, mártir e patrón das xentes do teatro- para reivinicar a enorme capacidade da dramaturxia para mostrar outra perspectiva da realidade.
Grazas a Raquel pola estupenda organización e ao alumnado pola magnífica acollida.