jueves, 20 de octubre de 2022

Día das ecritoras


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.


Nesta edición adícase á tematica da guerra dende a perspectiva das mulleres,

Para máis información, preme na imaxe.


martes, 18 de octubre de 2022

Encontro con Gonzalo Moure

Onte, 17 de outubro,  recibimos na Biblioteca a Gonzalo Moure.


O autor de Palabras de Caramelo conversou co alumnado de primeiro de ESO sobre a historia de Kori e sobre moitas cousas máis, como o proxecto  Bubisher.


O autor animou á rapazada a "escrivivir" e dedicounos o seu último libro Por qué llora la maestra:


Ademáis da súa emotiva e interesantísima conversa, deixounos outro agasallo, o libro El niño de luz de plata, tamén dedicado.


A directora do IES entregoulle a Gonzalo Moure un recordo deste encontro.





martes, 11 de octubre de 2022

Reunións dos clubs de lectura

 Xa se reuniron todos os participantes dos clubes de lectura. 



Agora, a ler!

jueves, 6 de octubre de 2022

Primeiras reunións dos clubs de lectura

Estes días, na Biblioteca, os participantes nas distintas modalidaes e cursos, reúnense  para acordar a primeiras lecturas. 

martes, 4 de octubre de 2022

Concurso de microrrelatos de terror

Comezamos a preparar o Samaín  e por iso...

Un microrrelato é un texto moi breve onde se conta unha historia que busca sorprender ao lector.

Preme na imaxe para consultar as bases.

Preme na imaxe para ver as bases.

Se queres ler os relatos premiados o curso pasado, preme AQUÍ.

Anímate e participa.

martes, 27 de septiembre de 2022

Novidades de setembro. Gonzalo Moure


Preme na imaxe

A Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e de Lingua Galega estamos a preparar encontros con autores para este curso.

No mes de outubro, visitaranos Gonzalo MOURE, autor, entre moitas outras obras, de Palabras de Caramelo, unha deliciosa histora de amizade e superación que é xa todo un clásico.


Preme  imaxe para ver as novidades 



jueves, 22 de septiembre de 2022

Clubs de lectura. Moito que ler e compartir

Estes días, nos recreos, toca anotarse aos clubs de lectura.

Lembra que hai varias modalidades: 

Literatura en xeral

Saga Harry Potter

Manga

Literatura e cine


miércoles, 21 de septiembre de 2022

Voluntariado na Biblioteca

 Se che apetece colaborar co equipo da Biblioteca, contamos contigo!





martes, 20 de septiembre de 2022

Clubs de lectura

 Xa temos aberta a inscripción para participar nos diversos clubs de lectura.


Pasade pola biblioteca e apuntádevos!


jueves, 15 de septiembre de 2022

Voltamos!


 O equipo da Biblioteca deséxate un bo curso cheo de lecturas!