jueves, 10 de noviembre de 2022

Microrrelatos premiados (3)

Derradeira entrega dos traballos premiados no noso concurso. Hoxe publicamos os dous traballos premiados na modalidade de bacharelato. 


Non temos foto de Alicia. Estaba a facer un exame (segundo de bacharelato, xa sabedes de que vai!)


Que nivel!

Foi imposible escoller un!


miércoles, 9 de noviembre de 2022

Microrrelatos gañadores (2)

Seguindo cos microrrelatos premiados, hoxe publicamos o traballo de Salomé, gañadora da modalidade 3ª e 4º de ESO.


Que poucas palabras para dicir tanto! Parabéns, Salomé. Encántanos.





martes, 8 de noviembre de 2022

Microrrelatos gañadores

O pasado venres, entregamos na biblioteca os diplomas a tódolos participantes no Concurso de Microrrelatos de Terror.


O concurso foi un éxito polo número de participantes e pola calidade dos traballos.

Parabéns e moitas grazas a todos!

Nos próximos días imos  ir publicando os textos gañadores.

Hoxe, comezamos con microrrelato de Xulio Pérez Garrido, de 1ºESO.




    Non digades que non é para morrer de medo!

  

   Felicidades, Xulio, polo teu magnífico  relato.

lunes, 31 de octubre de 2022

Noite de Defuntos

Na literatura en lingua castelá hai un par de textos que sempre van unidos á celebración da Noite de Defuntos:

Don Juan Tenorio, de José Zorrilla e El monte de las Ánimas de Gustavo Adolfo Bécquer.

Hoxe propoñémovos a lectura da famosa lenda de Bécquer, que trancorre nesta data.

-Atad los perros; haced la señal con las trompas para que se reúnan los cazadores, y demos la vuelta a la ciudad. La noche se acerca, es día de Todos los Santos y estamos en el Monte de las Ánimas.


Preme na imaxe para ler a lenda

martes, 25 de octubre de 2022

Preparando o Samaín


Achégase o Samaín e, en Biblioeba, preparámomos para a celebración cunha selección de lecturas para morrer de medo.

Temos propostas para tódalas idades e para tódolos gustos. 

Visita a nosa exposición.




jueves, 20 de octubre de 2022

Día das ecritoras


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.


Nesta edición adícase á tematica da guerra dende a perspectiva das mulleres,

Para máis información, preme na imaxe.


martes, 18 de octubre de 2022

Encontro con Gonzalo Moure

Onte, 17 de outubro,  recibimos na Biblioteca a Gonzalo Moure.


O autor de Palabras de Caramelo conversou co alumnado de primeiro de ESO sobre a historia de Kori e sobre moitas cousas máis, como o proxecto  Bubisher.


O autor animou á rapazada a "escrivivir" e dedicounos o seu último libro Por qué llora la maestra:


Ademáis da súa emotiva e interesantísima conversa, deixounos outro agasallo, o libro El niño de luz de plata, tamén dedicado.


A directora do IES entregoulle a Gonzalo Moure un recordo deste encontro.