martes, 16 de mayo de 2023
Letras galegas
jueves, 4 de mayo de 2023
Libros dedicados. Antía Yáñez
Continuamos mostrando os exemplares da nosa Exposición de libros dedicados.
Antía Yáñez deixounos a súa dedicatoria en Senlleiras.

Apadriñamento lector
A semana pasada tivemos tres xornadas de apadriñamento lector co alumnado de Educación
Infantil de CEIP Ría do Burgo. Os nosos alumnos contaron aos pequenos o conto de María Victoria Moreno, O vagalume e o luceiro.Despois, por parellas de apadrinamento, crearon un vagalume e leron libros infantís proporcionados pola Biblioteca do Fórum.
O alumnado de infantil puido tamén observar o ciclo dos vermes de seda e as plantas carnívoras nun recuncho preparado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Foi unha experiencia extraordinaria.
Graciñas e parabéns a todos os participantes!
miércoles, 3 de mayo de 2023
Libros dedicados. Gonzalo Moure
viernes, 28 de abril de 2023
Acto solidario
O pasado venres celebrouse no Auditorio Gustav Mahler de Culleredo o acto solidario a favor do proxecto Bubisher.
Preme na imaxe para ter máis información:Foi un éxito rotundo.
jueves, 27 de abril de 2023
Libros que deixan pegada
O alumnado de 1º ESO dos grupos B e E xa compartiron con nós as súas lecturas.
lunes, 24 de abril de 2023
Concurso de booktuber
BIBLIOEBA convoca o I CONCURSO DE BOOKTUBER
Trátase dunha actividade de fomento da lectura que consiste na realización dun vídeo orixinal no que se faga un comentario dun libro.
Poderá participar todo o alumnado no IES EBA.
O vídeo, que poderá ser en galego, castelán inglés ou francés, terá unha duración máxima de 3 minutos.
Se algunha parte do contido (imaxes, música, textos…) non son de creación orixinal, os seus autores deben figurar nos créditos.
Os traballos serán enviados ao correo biblioeba@gmail.com. No asunto debe aparecer "Concurso booktuber". No corpo do correo escribiranse o nome, apelidos e curso do autor ou autora.
Prazo de presentación: entre o 23 de abril, “Día do libro”, e o 17 de maio, “Día das Letras Galegas”.
CATEGORÍAS
Establécense dúas categorías:
Primeira categoría: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.
Segunda categoría: alumnado de 4º de ESO e de bacharelato.
PREMIOS
Otorgarase un premio ao mellor traballo de cada categoría.


.png)















