viernes, 22 de noviembre de 2024

Club de lectura Afectivo-sexual


        Neste curso, a profesora Biblioeba e a profesora de bioloxía Zeltia Torrecilla, puxeron en marcha dous novos clubs de lectura: Afectivo-sexual e Divulgación científica con moi boa aceptación entre o alumnado, sobre todo en 3º da ESO.

Aquí temos os integrantes duha das reunións dos venres, do Club de lectura afectivo-sexual comentando "El semen mola" de Ana Salvia




lunes, 4 de noviembre de 2024

Formación de usuarios


     Como todos os anos, o mes de outubro adicámolo á formación de novos usuarios.

  O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de coñecer  os recursos de Biblioeba organización.

 Dentro das actividades, logo dunha explicación por parte do equipo de Biblioeba, o alumnado realizou unha pequena xincana na que  de buscou exemplares nos estantes,  refixo etiquetas con erros de codificación, que puxo no exemplar correspondente para poder colocalo no estante que lle correspondía.






Semana das Mates

 Esta semana comenza a dinamización científica nos recreos da biblio.

Inauguramos actividade co departamento de Matemáticas.


Mes da ciencia na biblio

 Comenza o mes da ciencia na biblio. Durante todo o mes de novembro, os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual dinamizarán os tempos de lecer. 


jueves, 24 de octubre de 2024

Xincana literaria

 Hoxe é  o día das bibliotecas e para celebralo o equipo de Dinamización da biblioteca, o equipo de Dinamización da lingua galega, os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, Educación Plástica e Educación Física organizamos, outro ano máis, unha xincana literaria con temática de Harry Potter.  Esta xincana ía dirixida a todo o alumnado voluntario da biblioteca e a todos os membros dos clubs de lectura. 

 Dende o equipo de Dinamización da biblioteca queremos dar as grazas ao noso alumnado por estar sempre disposto a participar en todas as actividades que propoñemos e ao profesorado colaborador por facer posible esta xincana.



lunes, 14 de octubre de 2024

Microrrelatos de terror

       Un ano máis , Biblioeba convoca o seu concurso de Microrrelatos de terror

        Infórmate en Biblioeba!






lunes, 7 de octubre de 2024

Como enviar un correo electrónico

 Continuamos achegándovos pequenos recursos para o uso das TICS




Calendario de clubs de lectura

 Aquí tendes o calendario de reunións dos clus de lectura do curso 2024/25



miércoles, 2 de octubre de 2024

Expositor de novidades

 

Dentro dos nosos espazos non nos podemos olvidar do expositor de novidades.

Podedes consultalo para estar ao día das novas adquisicións de Biblioeba


martes, 1 de octubre de 2024

Os nosos espazos



Lectores, artistas, amantes dos xogos de mesa......... 

En Biblioeba temos un recuncho para cada un de vós.

Coñéceos!                              
     Recuncho de Arte  


                                                                    Recuncho de Xogos

Lectura informal