viernes, 27 de noviembre de 2015

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


Este mércores  celebramos na Biblioteca  o acto de  entrega de premios do 

III Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo bo trato", organizado polo Concello de Culleredo.




Se queredes ver e escoitar os traballos gañadores, podedes facelo en: 

BIBLIOEBA COMENTADA

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4ºESO POLA SÚA PARTICIPACIÓN E O ALTO NIVEL DOS TRABALLOS!


  


 1º premio cuñas radiofónicas: ÉDER VÁZQUEZ E MANUEL EDUARDO SEIJAS.

 1º premio vídeos: : HELANA BARREIRO E LUCÍA GARCÍA.


  




viernes, 6 de noviembre de 2015

CONTOS DE DEFUNTOS EN BIBLIOEBA MARÍA WONENBURGER



O pasado martes, 3 de novembro, o alumnado de 4º ESO do IES Eduardo Blanco Amor, participou na actividade Contos de Defuntos, de Tropa de trapo



O mural da Santa Compaña e a decoración da Biblioteca foron obra do profesorado de Plástica e dun grupo de alumnos de 4ºA.
"O corpo aberto ", "Os catro amigos","Eu vin a Compaña" e o "Romance das silvas" deixáronnos sen alento...ou non, porque risas houbo dabondo.

Gracias, Brais das Hortas. Pasámolo DE MEDO!!!

miércoles, 28 de octubre de 2015

SAMAÍN 2015

Na biblioteca tes unhas lecturas a túa medida. Vén coñecelas.










martes, 29 de septiembre de 2015

Luis Alberto de Cuenca, Premio Nacional de Poesía 2015


Luis Alberto de Cuenca (Madrid, 1950) gañou o Premio Nacional de Poesía polo seu libro Cuaderno de vacaciones (Visor).






 Moisés
Dame la mano. Hay que cruzar el río
para llegar al otro lado, y siento
que las fuerzas me faltan. Cógeme
como si fuera un bulto abandonado
en un cesto de mimbre que se mueve
y que llora a las luces del crepúsculo.
Cruza el río conmigo. Aunque sus aguas
no replieguen su cauce ante nosotros
esta vez. Aunque Dios no nos asista
y una nube de flechas acribille
nuestras espaldas. Aunque no haya río.




Podes acceder desde este ENLACE a unha escolma da súa obra.

lunes, 21 de septiembre de 2015

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2015

IGNACIO MARTÍNEZ DE PISÓN (Zaragoza, 1960) CONSEGUE OPREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2015 COA OBRA:
                             LA BUENA REPUTACIÓN.




domingo, 5 de julio de 2015

LETRAS GALEGAS 2016.

A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DEDÍCALLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO POETA MANUEL MARÍA.


O CARRO
Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!
¡Traime a colleita pra casa!

                         Terra Chá, 1954

jueves, 18 de junio de 2015

III CONCURSO DE ESOPÍAS CONVOCADO POR AGAPEMA.



III CONCURSO DE ESOPÍAS CONVOCADO POR  AGAPEMA E IV REALIZADO NO INSTITUTO.

 

martes, 16 de junio de 2015

OFRENDA FLORAL EN HONOR A MARÍA WONENBURGER

O 14 DE XUÑO TIVO LUGAR NO PASEO DAS CIENCIAS, PARQUE DE SANTA MARGARITA, UNHA OFRENDA FLORAL EN HONOR A MARÍA WONENBURGER POLO  1º ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO, ACTO AO QUE ASISTÍU O RECÉN ELIXIDO NOVO ALCALDE DE A CORUÑA, D. XULIO FERREIRO.

jueves, 4 de junio de 2015

NOVA ROTULACIÓN DA BIBLIOTECA

Nestes días realizouse unha nova rotulación da biblioteca coa finalidade de facilitar a busca de libros nas diferentes estanterías. Os rótulos confeccináronos o Dep. de E.P.e V. e o de Tecnoloxía.

















martes, 26 de mayo de 2015

PREMIOS VIDEOPOESÍA 2014-15

ENTREGA DE PREMIOS DE VIDEOPOESÍA CURSO 2014-15