Mostrando entradas con la etiqueta DINAMIZACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DINAMIZACIÓN. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de junio de 2024

Recomendacións para o verán

Xa chega o fin de curso e Biblioeba ten unha morea de recomendacións para este verán: 


martes, 21 de mayo de 2024

Representación de El Retablo de las Maravillas

O pasado luns, 13 de maio, o alumnado de 4º ESO A representou unha adaptación do entremés de Cervantes, El retablo de las Maravillas, para os usuarios do Centro de día do Burgo.


Tanto a actuación como o coloquio posterior foron unha experiencia inesquecible!


lunes, 13 de mayo de 2024

Novos xogos en Biblioeba

 En Biblioeba, seguimos a incrementar os xogos para tempo de lecer (e aprender):


Non o dubides, ven a BIBLIOEBA!

martes, 12 de marzo de 2024

Charlas Mes da Muller: María Wonenburger

O pasado 7 de marzo, en dentro do ciclo de charlas do Mes da Muller, o alumnado de 1ºde ESO achegouse á figura da matemática coruñesa, María Wonenburger, grazas ás profesoras Manuela Candal e Marián Montero, as nosas benqueridas compañeiras.


María Wonenburger da nome á nosa biblioteca.




martes, 27 de febrero de 2024

Charlas de mulleres

 

Un curso máis en Biblioeba para conmemorar o Mes da Muller, programamos unha serie de charlas de e sobre mulleres.

Todas elas destacan en actividades que tradicionalmente son asociadas a homes.

Comezamos xa nos últimos días de febreiro, e continuamos durante todo marzo. 

Estade atentos!!!






martes, 23 de enero de 2024

Obradoiros en Biblioeba

 Continuamos cos  obradoiros creativos en Biblioeba:


Ven á biblio!

martes, 16 de enero de 2024

Resumo dos clus de lectura do primeiro trimeste

No primeiro trimestre do curso, os diversos clubs de lectura estiveron moi activos.

Estas son as obras lidas:                                                                                                                                                                 

CLub LGTIBQ+:

  •  O´NEIL, KATIE/    MOSQUERA NATALIA: Érase una vez dos princesas
  • NARANJO, JUAN: Mariquita
Club Harry Potter: 
  • ROWLING, J.K.: Harry Potter y la piedra filosofal
Club de literatura comparada:
  • CHRISTIE, AGATHA: La manzanas        
  • ALLENDE, ISABEL: La casa de los espíritus        
Club 1º ESO:
  • MORENO, ELOY: Invisible
  • COSTAS, LEDICIA: Unha estrela no vento
Club 2ºESO:
  • TWAIN, MARK: Tom Sawyer
Club 3ºESO: 
  • NEGRO, CARLOS: Non cantan os paxaros neste bosque

Club bacharelato: 

  • UNAMUNO, MIGUEL: San Manuel Bueno, mártir
  • ESQUIVEL, LAURA:  Como agua para chocolate       
Última reunión do club de Bacharelato
 Club profesorado:

  • HEURTIER, ANNELISE: Sweet sixteen

 Se aínda non pertences a ningún, anímate.

                                VEN Á BIBLIO!                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 

martes, 12 de diciembre de 2023

Seguimos co Calendario de Advento

 


Continuamos coas recomendacións de lecturas do noso Calendario de Advento.


1984, de George Orwell. Imaxina que o estado vixía todo o que fas e case o que pensas, que o único momento en que estás a salvo é cando durmes ...ou tal vez tampouco. Publicada en 1949 como unha novela de ciencia-ficción, é considerada hoxe unha das críticas máis feroces aos totalitarismos. Recomendada a partir de 4º ESO.

Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, é una noveliña breve moitas veces recomendada xa neste blog. Unha historia de amizade, de superación persoal e moito máis. Recomendada a partir de 1º ESO. 


Ven á BIBLIO!

martes, 5 de diciembre de 2023

Calendario de Advento

 Xa levamos cinco días de recomendacións lectoras co noso Calendario de Advento, e como veñen días de ponte, abrimos tamén as próximas ventás:



Con Dime qué comes y te diré qué bacterias tienes, de Blanca García-Orca Haro, descubrirás como coidar a túa microbiota intestinal, porque as bacterias do noso intestino afectan á nosa conducta e poden previr ou provocar enfermidades.

A Inmoral doutora Cons, de Roberto Fernández Álvarez, está recomendada a partir de 4º de ESO. A Doutora África Cons cobre unha vacante na Galicia rural de 1940, e deberá facer fronte a tradicións fortemente arraigadas e a situacións non sempre agradables.

Con La chica invisible o exitoso Blue Jeans iniciou unha serie de thriller xuvenil cheo de misterios e xiros inesperados. Recomendado a partir de 4º de ESO.


Herartstopper 1. Dos chicos juntos, de Alice Oseman, narra unha preciosa  historia amor entre dous rapaces que te enganchará dende a primeira páxina.

A evolución de Calpurnia Tate, de Jackqueline Kelly, conta a historia dunha nena de case dez anos no seo dunha familia nunha pequena vila de Texas. Investigando e facendo ensaios, achegarase á figura e aos decubrimentos de Charles Darwin.



En La Guerra Civil contada a los jóvenes, Arturo Pérez- Reverte achega aos máis novos este episodio da recente historia de España.

En O home que matou a Antía Morgade,  de Arantza Portabales, terán que enfrontarse a un novo crime sucedio en Santiago de Compostela en xuño de 2021.  Recomendado a partir de 4º de ESO.

Ollos de auga foi a novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Recomendado a partir de 4º de ESO.

Asesinato en el Orient Express é un dos clásicos de Agatha Christie. Unha víctima, doce sospeitosos e a mente privilexiada de Hercules Poirot en busca da verdade.

Suzanne Collins ofrécenos en Bálada de pájaron cantores e serpientes a precuela da famosísima saga Los juegos de hambre.



Ven á BIBLIOEBA!



jueves, 30 de noviembre de 2023

Calendario de Advento en Biblioeba

 Mañá comeza decembro e un ano máis Biblioeba ten un lote de recomendacións para vós.


Cada día abriremos una ventá do noso Calendario de Advento Literario. 

Hai lecturas para todos os gustos e idades.

Ven á Biblio!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

Mochilas ciéntificas no Mes da Ciencia

Se o teu é a ciencia, temos preparadas na Biblioteca, dúas mochilas de temática científica para conmemorar o Mes da Ciencia.

Mochila científica
Mochila matemática



Vén á Biblio!



martes, 21 de noviembre de 2023

Biblioeba nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

O pasado sábado, 18 de novembro, oo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca asistiu, un ano máis, ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Nesta ocasión, a nosa coordinadora compartiu a experiencia de Lectura e familias que desenvolvimos o curso pasado. 



Aproveitamos para agradecer a todas as familias participantes, porque sen elas non tería sido posible.

lunes, 13 de noviembre de 2023

Mochila viaxeira de Samaín

 Xa temos preparada a nosa primeira mochila viaxeira. 

Se che gustan as hitorias de medo, esta mochila é para ti: 


VEN Á BIBLIO!


viernes, 10 de noviembre de 2023

Obradoiro de banda deseñada

A nosa biblioteca está chea de actividades. Achégate e participa: 

Nos recreos dos xoves, podes vir crear a a túa banda deseñada. 











viernes, 27 de octubre de 2023

Formación de usuarios

Durante o mes de outubro, como é habitual, desenvolvemos en Biblioeba  as actividades de formación para os novos usuarios: o alumnado de 1º de  ESO.




Este curso fixemos un obradorio de etiquetado dos fondos da biblioteca.
Como práctica, o alumndo refixo as etiquetas dalgúns libros que tiñan erros na codificación.
Ao final do obradoiro, entregámoslles  os carnés que utilizarán durante toda a súa permamencia no IES.

BENVIDOS A BIBLIOEBA!


martes, 24 de octubre de 2023

Xincana en Biblioeba


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha divertidísima xincana de temática Harry Potter.

Unha actividade organizada polo equipo de Biblioeba para todo o alumnado que colaborou o curso pasado como voluntariado e que participou nas actividades dos clubs de lectura.