domingo, 20 de mayo de 2018
domingo, 13 de mayo de 2018
Letras Galegas 2018. CONCURSO
IES
EDUARDO BLANCO AMOR
BIBLIOTECA
CONCURSO
“DÍA DAS LETRAS GALEGAS”
CURSO
2017/18
A
Biblioteca María Wonenburger (IES Eduardo Blanco Amor) convoca un
CONCURSO no que poderá participar todo o alumnado matriculado este
curso 2017-2018 no Instituto Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
O
concurso pretende fomentar a creación artística e literaria. Os
traballos presentados deberán conter un texto en galego que faga
referencia ao significado que ten para Galicia esta data do 17 de
maio, día da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares
galegos en 1863. O texto deberá ir acompañado dunha ilustración
relacionada con el.
Os
traballos presentaranse en formato DIN-A3. A técnica é libre.
Na parte
posterior da lámina deben constar: Nome, apelidos e curso do autor.
A data
límite de entrega é o 18 de maio de 2018.
Os
traballos deben ser entregados na biblioteca durante os recreos.
O xurado
estará formado por membros do equipo da Biblioteca e dos
Departamentos didácticos colaboradores.
O xurado
concederá premios (ofrecidos pola ANPA) ás seguintes modalidades:
Modalidade
I: 1º Ciclo da ESO
Modalidade
II: 2º Ciclo da ESO e
Bacharelato
Biblioteca
IES E.
Blanco Amor. Culleredo
Etiquetas:
2018,
CONCURSOS,
LETRAS GALEGAS
martes, 24 de abril de 2018
23 de abril: Libros que deixan pegada
Para celebrar o Día do Libro, o alumnado do Instituto recomenda "LIBROS QUE DEIXAN PEGADA".
MOITAS GRAZAS A TODOS OS COLABORADORES
Podedes deixar máis recomendacións nun comentario a esta entrada.
Podedes deixar máis recomendacións nun comentario a esta entrada.
Etiquetas:
2018,
ANIMACIÓN Á LECTURA,
DÍA DO LIBRO
martes, 10 de abril de 2018
ESOPÍAS 2018
CONCURSO DE ESOPÍAS 2018
IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

ESOPÍAS
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
- Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
- Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
- A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
- Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2018”.
- Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para ESCRIBE A TÚA ESOPÍA NUN COMENTARIO A ESTA ENTRADA.
martes, 9 de enero de 2018
martes, 28 de noviembre de 2017
martes, 14 de noviembre de 2017
martes, 24 de octubre de 2017
Preparando o Samaín. CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS
A biblioteca do IES Eduardo Blanco Amor organiza un Concurso de cabazas decoradas.
Trae a túa cabaza decorada á biblioteca e poderás gañar un premio de infarto.
Deixa a túa cabaza no primerio recreo do luns 30 de outubro na biblioteca.
BASES
A BIBLIOTECA
COA COLABORACIÓN DA ANPA ORGANIZA
COA COLABORACIÓN DA ANPA ORGANIZA
CONCURSO DE CABAZAS
1º OBXECTIVOS
No noso ánimo está potenciar, animar e dinamizar este espazo de coñecemento que conforma a Biblioteca traballando este tema pertencente a nosa cultura popular que é o samaín, especialmente a parte correspondente á creatividade, imaxinación e o emprego de técnicas adecuadas á consecución da obra artística.
Queremos amosar as capacidades artísticas dos nosos alumnos e fomentar o traballo de información e documentación propios dunha biblioteca entendida como espazo cultural.
2º PARTICIPANTES
Poden concorrer a este concurso todas as personas matriculadas no IES que o desexen, sen outra limitación que a aceptación das bases. Haberá unha única categoría.
3º INSCRIPCIÓN, REQUISITOS, RECEPCIÓN E IDENTIFICACIÓN
Non haberá inscripción previa, os alumnos presentarán a súa cabaza na Biblioteca antes do primeiro recreo do día 30 de octubro para preparar a exposición. Irá identificada na parte inferior por medio dun papel pegado onde conste o nome completo e o curso do autor. Na recepción asignaráselle un código de identificación para facilitar o anonimato no proceso de votación.
Cada alumno pode presentar unha única cabaza debidamente tallada e decorada con motivos terroríficos. A técnica, os materiais e o tamaño son libres, lóxicamente deberán estar relacionados con este tema.
4º EXPOSICIÓN
As cabazas participantes estarán expostas durante os días 30 e 31 de outono na Biblioteca. A exposición estará aberta durante todo o horario escolar, pode ser visitada por calquera membro do colectivo escolar (alumnos, profesores, pais, personal non docente).
A exposición desmantélase á deradeira hora do día 31, as obras pódense recoller durante ese período de tempo.
5º PREMIOS
Entregaranse tres premios (cheques regalo) aos traballos mais votados.
Terase en conta a orixinalidade, a dificultade, a simpatía e a laboriosidade das obras na súa valoración.
6º XURADO
Estará composto por membros da ANPA, profesorado, persoal non docente e alumnos do Centro.
Emitirá o seu fallo, inapelable, o día 2 de novembro, posteriormente entregaranse os premios na propia Biblioteca en horario a definir.
7º PUBLICACIÓN
Os autores das obras aceptan a divulación das mesmas por calquera medio.
8º ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación dos traballos a este concurso supón o recoñecemento e a conformidade das presentes bases. Sobre posibles extremos non previstos das mesmas os organizadores poderán tomar as decisións que estimen oportunas.
Comisión da Biblioteca
IES Eduardo Blanco Amor
Outubro de 2017
Etiquetas:
2017,
ANIMACIÓN Á LECTURA,
SAMAÍN
miércoles, 20 de septiembre de 2017
viernes, 17 de marzo de 2017
CONCURSO DE MICRORRELATOS
CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOEBA
CURSO 2016/2017
A Biblioteca María Wonenburger do
IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo convoca
Concurso de Relato Curto
BASES
- Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Eduardo Blanco Amor no curso 2016/2017.
- O tema será libre e poderá estar escrito en calquera das linguas impartidas no IES.
- A extensión máxima do relato será de 250 palabras.
- Os traballos, nos que deben figurar o nome do autor e o curso e grupo ao que pertence, poderán ser presentados por correo electrónico no enderezo biblioeba@gmail.com (indicando no asunto “Concurso de relatos”) ou, en papel, na propia biblioteca.
- A data límite de entrega será o 23 de abril de 2017 (Día do Libro).
- Haberá tres premios:
- 1º e 2º ESO
- 3º e 4º ESO
- 1º Bacharelato
- O xurado estará formado por membros do Equipo da Biblioteca.
Etiquetas:
2017,
CONCURSOS,
MICRORRELATOS
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








