miércoles, 30 de septiembre de 2020

Benvida ao novo curso

 

Xa estamos de volta! 

A nosa Biblioteca está preparada para acoller, coas limitacións que o momento impón, a todos os membros da comunidade educativa do IES EBA neste curso.


Nestes días imos ir publicando procedementos e normas para o uso da biblioteca. 

Para comezar, aquí tendes algunhas das indicacións para poder crear entre todos un espazo seguro:

  • Lava sempre as mans con xel hidroalcohólico.
  • Mantén as distancias de seguridade.
  • Sigue o percorrido indicado polas frechas do chan.
  • Solicita o libro ou a película á persoa encargada. Non o collas ti.
  • Devolve o material prestado na caixa destinada para este fin.
  • Utiliza só as cadeiras habilitadas:
    • No primeiro recreo, os postos da esquerda.
    • No segundo, os da dereita.
BO CURSO E NON DEIXEDES DE VIR Á BIBLIOTECA






lunes, 9 de marzo de 2020

CONCURSO DÍA DA MULLER (1)



Con motivo do Día da Muller, durante o mes de marzo, cada luns publicarase no blog da biblioteca unha entrada cun cuestionario con preguntas sobre un libro situado na mesa de exposición. As respostas están nese libro que podes consultar na biblioteca.

Para participar, debes entrar no blog da biblioteca (Concurso Día da Muller) e contestar nun comentario na entrada correspondente. Os comentarios ábrense o luns e péchanse o venres de cada semana.

Os participantes que completen correctamente os tres cuestionarios, recibirán un agasallo.



O LIBRO DA SEMANA


Añadir leyenda

IGNOTOFSKY, Rachel: Mujeres en el deporte. 50 intrépidas deportistas que jugaron para ganar, Nórdica, 2018.


ENLACE ao cuestionario

Busca as respostas no libro e responde nun comentario a esta mesma entrada. 
Escribe o número da pregunta e a resposta. Non esquezas idenficarte:  nome, apelidos e curso. 


lunes, 2 de marzo de 2020

Preparando o 8 de marzo

Para conmemorar o Día da Muller, comezamos o mes cunha exposición de libros sobre mulleres que destacaron en distintos ámbitos das artes, da literatura, da ciencia... 



Non esquezas pasarte por Biblio EBA!

lunes, 17 de febrero de 2020

Mucha solidaridad


Como ya sabéis, este curso estamos trabajando especialmente el tema de la solidaridad. 
Recordamos algunas de las actividades realizadas hasta el momento:


Alumnado del Club de Lectura






Alumnado de 4ºESO






  • Programa "Fálame da emigración".



    • Reseña publicada el El Ideal Gallego




    • Visita al albergue Padre Rubinos.










    • Y todavía nos quedan muchas cosas cosas más.



      IESEBA SOLIDARIO!

      lunes, 10 de febrero de 2020

      A muller no Sahara


       
      Óscar Pallerio Morlán, relacionado con labores de voluntariado e emerxencias, impartiu unha charla sobre   “A MULLER NO SÁHARA” para o alumnado de 4º da ESO. 
      No Nadal de 2015-2016, Óscar realizou auxilio como rescatador con Salvamento Marítimo na illa de Quíos (Grecia). A raíz desta experiencia, madura a idea de axudar os pobos máis desfavorecidos para que miles de homes e mulleres non arrisquen a súa vida nunha travesía inhumana e terrorífica.


       

      Nestes momentos traballa nun proxecto solidario para tender lazos coa comunidade magrebí, recollendo bicicletas co apoio de Rodeiras xuntas por Marrocos
       
        

      Encontro con Bieito Rubido

      O pasado venres, o periodista Bieito Rubido, director de ABC tivo un encontro co alumnado de 4º ESO. Podedes consultar máis información na web do instituto.



      lunes, 3 de febrero de 2020

      Solidariedade

        Dentro das actividades organizadas pola Biblioteca sobre solidariedade e igualdade, vénnos visitar Óscar Palleiro para falarnos das condicións de vida das mulleres no Sahara, a emigración...... Como podemos contribuír con este proxecto solidario? Regala a túa bicicleta, esa que xa non utilizas. Pensa que con este xesto podes axudar a xente que o necesita. Ánimo e colabora!


      Seguimos falando da emigración


      Fálame da emigración. Segunda parte


      O pasado xoves, 30 de xaneiro de 2020, tivemos na Biblioteca a segunda parte da actividade "Falemos da emigración". Nesta ocasión foron os nosos rapaces os que investigaron e contaron as historias da emigración das súas familias ou coñecidos.













      Podedes acceder a máis información na páxina web do Instituto.

      jueves, 19 de diciembre de 2019

      Fálame da emigración


      Hoxe, catro persoas viñeron a contarnos a súa historia de vida na emigración.
      «Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.
      A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.
      Asistiron os alumnos de 4º C de ESO. Esta actividade forma parte do proxecto de educación na solidariedade promovido pola BIBLIOTECA do IES Blanco Amor






      Podedes acceder a máis información na páxina web do Instituto.











      Concerto na biblioteca


      Hoxe, 19 de decembro, contamos coa actuación do grupo instrumental DIAZEUXIS na biblioteca. Con motivo da celebración de Nadal, o grupo vainos interpretar baixo a dirección de Julián Jesús Pérez:
      Naohiko Terashima -Akai Hana (canción japonesa)
      Huahuanacá (canción de Navidad)
      O du fröliche (coral)
      Stille Nacht (Noche de Paz)





      Intérpretes:
      Miguel Armesto, Elena Bao, Iago Bescansa,Inés Canzobre, Sofía Corral,Xabier Guitián,Sarah Iglesias, Eva Lamas, Paula López, Miranda Martínez, Belén Míguez, Tomás Mir, Gorka Moledo, Cristina Orejas, Alicia Ortega, Aroa Parga, María Pérez, Celia Piñeiro, Andrea Ramos, Laura Roca, Paula Rodríguez, Pablo Bao, Iago Bescansa, Raquel Piñeiro, Jorge Pereira, Arón Puga, Noa Insuana, Sara Patiño e María Porto.

      ,