Mostrando entradas con la etiqueta 8 DE MARZO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 DE MARZO. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de marzo de 2024

Charlas Mes da Muller: María Wonenburger

O pasado 7 de marzo, en dentro do ciclo de charlas do Mes da Muller, o alumnado de 1ºde ESO achegouse á figura da matemática coruñesa, María Wonenburger, grazas ás profesoras Manuela Candal e Marián Montero, as nosas benqueridas compañeiras.


María Wonenburger da nome á nosa biblioteca.




martes, 27 de febrero de 2024

Charlas de mulleres

 

Un curso máis en Biblioeba para conmemorar o Mes da Muller, programamos unha serie de charlas de e sobre mulleres.

Todas elas destacan en actividades que tradicionalmente son asociadas a homes.

Comezamos xa nos últimos días de febreiro, e continuamos durante todo marzo. 

Estade atentos!!!






miércoles, 15 de marzo de 2023

Última charla do Mes da Muller

 


Última charla da actividade Mes da Muller en Biblio EBA.

A profesora do noso instituto, Vanesa Rial, xogadora olímpica de rugby; e Helena Roca,  ámbalas dúas vinculadas ao CRAT, conversaron co alumnado de primeiro de ESO.


Moitas grazas ás dúas por compartir a vosa experiencia!


jueves, 9 de marzo de 2023

Exposición de libros para conmemorar o 8M

Estes días temos na biblioteca unha exposición de libros relacionados coa celebración do Día de Muller.

Libros que tratan de mulleres, libros escritos por mulleres, libros de temática feminista.

Estes son algúns dos títulos seleccionados:








miércoles, 8 de marzo de 2023

8 M. Obradoiros de flores e bolboretas

 Celebrados con gran éxito os obradoiros para festexar o Día da Muller en Biblio Eba.

Cartel final dos obradoiros

Moitas grazas por participar!

martes, 7 de marzo de 2023

Terceira charla do ciclo "Mes da Muller"

 


Terceira charla do ciclo de actividades para conmemorar o Mes da Muller na biblioteca.

O mércores, 8 de marzo, Paula Prado, química e directora técnica de LIGAL, e Noemí Porto, arquitecta e directora do departamento técnico de YDC, compartirán as súas experiencias co alumnado de 4º de ESO.

Segundo obradoiro 8M









miércoles, 9 de marzo de 2022

Día da Muller. Exposición (2)

 

Nestes libros podes encontrar as vidas de mulleres valentes e extraordinarias.



martes, 8 de marzo de 2022

Día da Muller. Exposición (1)

 

Hoxe, 8 de marzo, podedes ver en Biblioeba unha exposición de libros de temática feminista.


Estes son algúns dos libros que podedes escoller para ler este mes: 

Revisa a vida das mulleres a través dos séculos e dos continentes.


Mulleres na ciencia e no deporte:

Lectura para todas as idades.

Mulleres que len e que escriben: 

A partir de 3º de ESO




lunes, 9 de marzo de 2020

CONCURSO DÍA DA MULLER (1)



Con motivo do Día da Muller, durante o mes de marzo, cada luns publicarase no blog da biblioteca unha entrada cun cuestionario con preguntas sobre un libro situado na mesa de exposición. As respostas están nese libro que podes consultar na biblioteca.

Para participar, debes entrar no blog da biblioteca (Concurso Día da Muller) e contestar nun comentario na entrada correspondente. Os comentarios ábrense o luns e péchanse o venres de cada semana.

Os participantes que completen correctamente os tres cuestionarios, recibirán un agasallo.



O LIBRO DA SEMANA


Añadir leyenda

IGNOTOFSKY, Rachel: Mujeres en el deporte. 50 intrépidas deportistas que jugaron para ganar, Nórdica, 2018.


ENLACE ao cuestionario

Busca as respostas no libro e responde nun comentario a esta mesma entrada. 
Escribe o número da pregunta e a resposta. Non esquezas idenficarte:  nome, apelidos e curso. 


lunes, 2 de marzo de 2020

Preparando o 8 de marzo

Para conmemorar o Día da Muller, comezamos o mes cunha exposición de libros sobre mulleres que destacaron en distintos ámbitos das artes, da literatura, da ciencia... 



Non esquezas pasarte por Biblio EBA!

viernes, 10 de marzo de 2017

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Ás 12 do mediodía, escoitamos, pola megafonía do Instituto, a Helena  contándonos a historia desta data de homenaxe e reivindicación:


¿Por qué se celebra el Día de la Mujer el 8 de marzo?
El 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textiles tomó la decisión de salir a las calles de Nueva York a protestar por las míseras condiciones en las que trabajaban.
El 5 de marzo de 1908, Nueva York fue escenario de nuevo de una huelga polémica para aquellos tiempos. Un grupo de mujeres reclamaba la igualdad salarial, la disminución de la jornada laboral a 10 horas y un tiempo para poder dar de mamar a sus hijos. Durante esa huelga, perecieron más de un centenar de mujeres quemadas en una fábrica, en un incendio que se atribuyó al dueño de la fábrica.
En 1910, durante la Segunda Conferencia Internacional de Mujeres Trabajadoras, más de 100 mujeres aprobaron declarar el 8 de marzo como Día Internacional de la Mujer Trabajadora.
Actualmente, se celebra como  Día Internacional de la Mujer.

A continuación, Lucía e Simón recitaron fragmentos de dous poemas. O primeiro,  de Juana Castro, fala sobre mulleres asasinadas pola violencia machista; o segundo, de Agustín García Calvo, sobre o amor e a liberdade.
 


Amor mío (fragmento del poema de Juana Castro)
Antonia buena chica ingresó ya cadáver.
Carmen muy educada vaqueros blusa beis
y Raquel silenciosa es el amor.

Amor de amoratarse amor que es amoldar
y amancillar.
Amor de amenazar amor de amurallar
amor de amartillar
y de amasijo.

Amor de amortajar.
Rosa Lola María
Inés Luisa mi amor.

Es el amor que amengua que amuralla
que amortece y amarra.
Amor de amuñecar amor que es amputar
amor de amilanar
y de ambulancia.


Amor de amordazar.


Libre te quiero
(fragmento del poema de  García Calvo)

Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.

Grande te quiero,
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.

Buena te quiero,
como pan que no sabe
su masa buena.
Pero no mía.

Pero no mía.
Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.


viernes, 6 de marzo de 2015

8 DE MARZO INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

CONFERENCIA DE MARÍA JOSÉ SOUTO SALORIO E ENTREGA DE PREMIOS MARÍA WONENBURGER (11-03-15)

 

A muller é a compañeira do home, dotada coa mesma capacidade mental...  Se por forza se entende poder moral, entonces a muller é infinitamente superior ao home...  Se a non violencia é a lei do noso ser, o futuro está coas mulleres...
                                                             Mahatma Gandhi

Historia do Día da muller


A ONU celeba o día internacional da muller co lema:

«EMPODERANDO ÁS MULLERES,
EMPODERANDO Á HUMANIDADE: IMAXÍNAO!»


MENSAXE DA DIRECTORA EXECUTIVA CON RELACIÓN AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Mensaje de la Directora Ejecutiva en ocasión del Día Internacional de la Mujer - See more at: http://www.unwomen.org/es/news/stories/2015/3/executive-director-message-for-iwd-2015#sthash.k7ieXvol.dpuf
Mensaje de la Directora Ejecutiva en ocasión del Día Internacional de la Mujer - See more at: http://www.unwomen.org/es/news/stories/2015/3/executive-director-message-for-iwd-2015#sthash.k7ieXvol.dpuf