jueves, 24 de febrero de 2022
Entroido no IESEBA
miércoles, 23 de febrero de 2022
Andrea Maceiras no IESEBA
O pasado luns, 21 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no IES á escritora Andrea Maceiras.
Se queres saber algo sobre ela, preme neste ENLACE
| O alumnado de 1ºESO gozou da súa charla. |
"A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia".
FONTE DA RECENSIÓN: https://www-xerais-gal
viernes, 18 de febrero de 2022
jueves, 17 de febrero de 2022
miércoles, 16 de febrero de 2022
Exposición Manga
Estes son os traballos que podedes ver expostos na porta de Biblioeba.
Parabéns polo magnífico traballo!
lunes, 7 de febrero de 2022
Postais de San Valentín
Lembrade que o próximo luns, 14 é o Día de San Valentín e que Biblioeba e os departamentos de Plástica e de linguas convocan un concurso de postais.
PRAZO DE PRESENTACIÓN AMPLIADO : Luns, 14 de febreiro.
CONSULTA AS BASES NESTE ENLACE.
| Traballo presentado o curso pasado en italiano. |
lunes, 31 de enero de 2022
Ranma 1/2
Ranma 1/2 é un manga e anime de Rumiko Takahashi que trata dun neno que sofre unha rara maldición.
miércoles, 26 de enero de 2022
POSTAIS DE SAN VALENTÍN
Este concurso ten como finalidade principal promover a expresión escrita e a expresión plástica entre o alumnado do IESBA.
| Traballo premiado na convocatoria anterior Autora: Carla Beiras |
TRABALLOS
Cada participante poderá presentar como máximo unha tarxeta en cada un dos idiomas que se ensinan no IESBA (galego, castelán, francés, inglés e italiano).
O tema das tarxetas será “o amor”.
Na tarxeta haberá un texto breve, en prosa ou verso, orixinal ou de autores famosos (neste último caso, os autores deberán citarse) acompañado de imaxes orixinais (debuxos ou fotografías), que tamén poden ser usadas como soporte da tarxeta.
Valorarase a orixinalidade e creatividade das participacións.
As tarxetas gañadoras exporanse no instituto e publicaranse na páxina web do IES e no blog da biblioteca.
Cada estudante entregará a tarxeta á/ao docente da lingua correspondente ou ao profesorado encargado da bilbioteca nos recreos.
A postal debe ir dentro dun sobre pechado no que se indique NOME E APELIDOS, CURSO E IDIOMA.
Data límite de entrega: 7 de febreiro de 2022
ORGANIZAN: BIBLIOTECA E DEPARTAMENTO DE LINGUAS
miércoles, 19 de enero de 2022
Nova xuntanza do Club de lectura
Este luns falaron de O club da calceta, de María Reimóndez.
A charla foi tan interesante que decidiron continuar outro día.