lunes, 30 de mayo de 2022

Última sesión do club de lectura do profesorado



O profesorado do IESEBA, repartido en dous grupos, conversou tamén a semana pasada con Antía Yáñez 
trala lectura de Senlleiras.

A conversa tratou, entre outras cosas, sobre o proceso de creación, o tema do maltrato, a evolución da sociedade en temas de igualdade e sobre como abordar estes asuntos desde as aulas.


Esperamos xa impacientes as lecturas do próximo curso.


miércoles, 25 de mayo de 2022

Club de lectura con Antía Yáñez


Esta semana os distintos grupos do club de lectura contarán nas reunións coa presencia da autora da última novela proposta para este curso: Senlleiras.

"Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.

A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.

Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas".

Fonte do texto: https://editorialgalaxia.gal/produto/senlleiras/

Antía Yáñez en Biblioeba

A autora co grupo do alumnado de bacharelato


Grazas a Antía Yáñez por este encontro!


martes, 17 de mayo de 2022

Maio, mes das Letras Galegas

Este ano, o Día das Letras Galegas homenaxea a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Coincidindo con este data, publicamos as novidades deste mes, todas en galego.



Anímate e pasa por Biblioeba


lunes, 9 de mayo de 2022

Obradorio de Manga


Preme na imaxe


No obradorio de debuxo, impartido por Patricia Saavedra, os participantes crearon unha personaxe de Manga.
Estas son algunhas das creacións:











Parabéns a todos os artistas!



lunes, 25 de abril de 2022

RENOVANDO A BIBLIOTECA

Como xa vos teredes dado de conta, este curso estamos a renovar a distribución dos espazos da nosa biblioteca.

Así vai quedanado: 

                    




Pretendemos aproveitar ao máximo a luz natural e facer deste espazo un lugar aínda máis agradable para a lectura o traballo e os encontros literarios e culturais.



Aínda queda moito por facer!



sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO EN BIBLIOEBA


Coincidindo coa celebración do Día do libro, aquí tendes as novidades que podedes atopar na nosa biblioteca.



miércoles, 20 de abril de 2022

PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA

Entrega de premios da segunda edición do Concurso de Poesía organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literaura coa colaboración de Biblioeba:

PREME NA IMAXE PARA LER OS POEMAS

Os traballos premiados foron:

  • "La soledad", de Alejandra López Tapias (3º ESO)
  • "Quedábamos juntos por las calles", de Andrea Ramos Casal (1º bacharelato)
Obtiveron accésits:
  • "El mar lejano", de Merlinda Montero (2º ESO)
  • "Perdido por las calles de la capital" (1º bacharelato)
Os primeiros premios foron entregados pola Directora e os accésits por dúas representantes da AMPA, ás que agradecemos a súa colaboración.




lunes, 4 de abril de 2022

Lo fingido verdadero, de Lope de Vega


Para completar esta semana repleta de teatro, un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato acudiu o pasado venres á representación da obra de Lope de Vega, Lo fingido verdadero, a cargo da CNTC, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Fotografía de Sergio Parra.
Fonte da imaxe:
 http://teatroclasico.mcu.es/2021/06/09/lo-fingido-verdadero/


Para acceder ao programa da obra, preme na imaxe.

A obra, considerada por algunha parte da crítica como o Hamlet de Lope, utiliza á figura do Ginés -actor, mártir e patrón das xentes do teatro- para reivinicar a enorme capacidade da dramaturxia para mostrar outra perspectiva da realidade.


Grazas a Raquel pola estupenda organización e ao alumnado pola magnífica acollida.




jueves, 31 de marzo de 2022

Alma de tigre, de Elefante elegante


Esta semana o alumnado de terceiro e cuarto de ESO e primeiro de bacharelato asistiu á representación de Alma de tigre, da compañía Elefante elegante.

Alma de tigre é un espectáculo que transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo.


Ao finalizar a representación, actores e director charlaron co público sobre o significado desta ensoñación revelada a partir da historia de tres irmáns.

Alumnado de cuarto de ESO no coloquio posterior á representación



miércoles, 30 de marzo de 2022

Solidariedade con Ucraína

Como sabedes, unha liña de identidade do noso IES é a soliedariedade. Nestes terribles tempos de guerra, grazas pola vosa colaboración coas xentes de Ucraína.