Esta semana temos a primeira xuntanza do noso querido club de Lectura e Familia.
Disfrutaremos dos reencontros e das novas incorporacións.
Esta semana temos a primeira xuntanza do noso querido club de Lectura e Familia.
Disfrutaremos dos reencontros e das novas incorporacións.


O pasado 7 de febreiro, Andrea Maceiras participou nas actividades do programa "Lectura e familias".

As familias participantes leron Que me pare o corazón se te esquezo, e tiveron a oportunidade de falar coa recoñecida autora.
Grazas a Antía e a todas as familias que fan posible esta interesantísima actividade.
O 1 de febreiro comezamos as actividades do programa de "Lectura e familias" coa entrega do libro que compartiremos.
Foi unha tarde moi agradable na que nos reencontramos con algunhas familias e chegaron outras novas.
Despois do éxito do curso pasado, xa estamos de volta co a actividade de "Lectura e familias".
Comezamos o xoves 1, de febreiro, co reparto de libros.
Estas son as actividades programadas:

O pasado sábado, 18 de novembro, oo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca asistiu, un ano máis, ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Nesta ocasión, a nosa coordinadora compartiu a experiencia de Lectura e familias que desenvolvimos o curso pasado.

Aproveitamos para agradecer a todas as familias participantes, porque sen elas non tería sido posible.
Estes son algúns dos títulos:


Lembrade que todos os fondos de BIBLIOEBA están á vosa disposición.
Podedes consultalos neste blog premendo na imaxe de MEIGA ou neste ENLACE
Onte celebrouse na Biblioteca a derradeira xuntanza do programa "Lectura e familias". A sesión centrouse na transmisión oral, entrevistas e booktubers.
Como sempre, foi un auténtico pracer poder compartir a tarde coas familias participantes.

Agardámovos!
Hoxe tivemos a terceira sesión do programa "Lectura e familias". Esta xuntanza estivo adicada á presenza do galego nas redes, e contamos coa presenza de Violeta Meléndrez (@littera_lupa).
O mércores, 12 de abril, terá lugar a terceira sesión de "Lectura e familias".
Será ás 17 horas na Biblioteca.
Violeta Melédez Doval, estudiante de Filoloxía na Universidade da Coruña en bookstagramer, falará sobre "Os libros e as redes"-
Onte tivemos a segunda sesión do programa Lectura e familias: Orientacións para aprender a través da banda deseñada. O exemplo do manga.
O obradoiro, impartido por Toño Vilaverde, permitiunos descubrir o manga ou afondar no noso coñecemento sobre o tema.

A seguinte xuntanza será despois de Semana Santa.
O mércores, 1 de marzo, teremos a segunda sesión de "Lectura e familias".
Toño Villaverde compartirá con nós "Orientacións para aprender a través da banda deseñada. O exemplo do manga".
Temos moitas ganas de afondar no mundo do cómic, da novela gráfica e do manga!
Onte, na bibliteca tivemos a primeira sesión do obradoiro "Lectura e familia", impartido por Sonia Hermida Galán
Compartíronse gustos lectores e despois, partindo de A guerra dos mundos, de H. G. Wells, os participantes, por grupos, decidiron que tres libros merecerían ser salvados nunha apocalipse.

Interésanvos os libros, a ciberseguridade ou o manga e queredes compartir tempo en familia cando nós na Biblioteca?
O Equipo de Dinamización da Biblioteca vai levar ao cabo unha serie de obradoiros no marco do programa da Consellería de Educación “Lectura e familias”.
Preme na imaxe para ter máis información.